> Actualidade

14/12/2012 16:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE A RECOLLIDA DE ACEITES DOMÉSTICOS USADOS.

Continuando co programa de educación ambiental que nos últimos anos está levando a cabo o Concello de Outeiro de Rei, este venres día 21 de outubro terá lugar a charla titulada “ A RECOLLIDA DE ACEITES DOMÉSTICOS USADOS: UN NOVO RETO AMBIENTAL NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI”.

Con esta charla pretendese concienciar aos veciños e veciñas do municipio da importancia de realizar unha correcta disposición dos aceites usados nas cociñas dos domicilios particulares, aceites que non deben ser tirados polos sumidoiros dado que ocasionan un enorme impacto ambiental ademais de problemas nas canalizacións e nas depuradoras.

Ademais da charla está previsto que o Concello de Outeiro de Rei instale en datas próximas 5 contedores para a recollida de aceite doméstico usado e o envío postal a todos os veciños do municipio dun folleto explicativo e dun embude que facilitará o labor de recollida deste produto.

O aceite que se pode reciclar e depositar nos contedores que se instalarán a tal efecto é o vexetal sobrante nas cociñas derivado de frituras, graxas e asados, alimentos enlatados, manteca de cocho, graxas estragadas e caducadas. Nunca deberá ser depositado nestes contedores o aceite de motor, as graxas industriais ou aceites con bases de petróleo que xa teñen establecidas outras canles de recollida.

A charla, na que está previsto participe o alcalde de Outeiro de Rei acompañado do concelleiro de Medio Ambiente e dun técnico da empresa Gimena Ingeniería, terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura ás 20:00h e todas as persoas que asistan á mesma participarán no sorteo de dous premios consistentes cada un deles nunha comida para 2 persoas e 3h. no spa do hotel Spa Attica 21 de Vilalba.

Este proxecto ten un custo global de 12272€ dos que 9152€ serán aportados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dunha convocatoria de axudas ás entidades locais para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos.

- VER CARTEL DE DIFUSIÓN

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .