> Actualidade

14/12/2012 17:00

> ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR CONSULTA DE PODOLOXÍA

A partir do luns 26 de setembro, as persoas maiores do municipio de Outeiro de Rei poderán solicitar vez no Centro Médico da localidade para asistir á consulta de podoloxía.
Este é o segundo ano consecutivo que o Concello de Outeiro de Rei pon en marcha a iniciativa “COIDA OS TEUS PÉS” incluída dentro do Programa de Actividades para Persoas Maiores 2011/2012, iniciativa que permitirá atender consultas relacionadas coa saúde e coidado dos pés (calosidades, uñas encarnadas, durezas…).
A través desta iniciativa as persoas que o desexen poderán ser atendida por unha podóloga os dous primeiros mércores de cada mes no período comprendido entre os meses de outubro e xuño en horario de 11:00h a 13:00h. Establécese un límite de 8 pacientes por día e o prezo por consulta é de 2€. Para acceder ao servizo é imprescindible inscribirse previamente no Centro Médico ou chamando ao 982 393 267; as prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude

Ademais de realizar previamente a inscrición, outros requisitos de acceso a ter en conta para calquera das actividades incluídas dentro da referida programación son os seguintes:
- Ser maior de 60 anos e estar xubilado ou ser pensionista.
- No caso de que o/a acompañante sexa o cónxuxe, este poderá inscribirse aínda que non cumpra o anterior requisito.
- Estar empadroado/a no Concello de Outeiro de Rei.

NOTA: Por ser festivo o 2º mércores de OUTUBRO, o día de atención ao público desprazase ao mércores día 19.

CARTEL "COIDA OS TEUS PES 2011"


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .