> Actualidade

14/12/2012 09:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI PON NOVAMENTE EN MARCHA A INICIATIVA DOMINGOS DE PRAIA

Outro ano máis, o Concello de Outeiro de Rei pon á disposición de todas as persoas empadroadas no municipio a actividade “DOMINGOS DE PRAIA” que terá lugar ao longo do mes de agosto.

Os destinos fixados son:
- Praia de Foz ,día 7
- Praia de Miño, día 14
- Praia de Cabanas, día 21
- Praia de Miño, día 28

As persoas interesadas deberán reservar praza na semana anterior a cada viaxe na Casa da Cultura de Outeiro de Rei en horario de 9:00 a 14:30h aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, teléfono e dirección; a cota a aboar é de 5 € por viaxe.

Saírase sempre da Praza do Concello ás 10:00h e o regreso será ás 20:00h, non podendo asistir se non se está previamente anotado.

Descarga aquí o cartel



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .