> Actualidade

14/12/2012 16:00

> OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

¿Gústache a fotografía? Pois, se buscas facer algo diferente este verán, apúntate o Obradoiro de Fotografía Dixital que organiza o Servizo de Prevención de Drogodependencias dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade do día 18 de xullo ao 22 e do 26 ao 29 (horario a convenir).

O único que é necesario que traias é unha cámara de fotos e moitas ganas de utilizala, porque o tempo de práctica será moito maior que o de teoría.
As fotos sacadas durante o obradoiro que requiran revelado, serán financiadas polo Servizo.

Cubre a inscrición anexa e remítea a prevenciondrogas@rabade.org , ou por Fax no 982.390.411, ou ben deixando os teus datos no teléfono 982.390.062 de 9:00 a 14:00h.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

O obradoiro está aberto a toda a poboación (con prioridade para cidadáns de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade) y a todas las edades a partir de los 12 años .

Totalmente gratuíto.

Para saber máis información das actividades do Servizo de Prevención de Drogas www.prevenciondedrogas.es



DESCARGAR CARTEL

DESCARGAR INSCRICIÓN

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .