> Actualidade

14/12/2012 16:00

> ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO FOTOGRÁFICO VIVIR É CONVIVIR

O Concurso Fotográfico Vivir é Convivir convocado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concello de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade chega ao seu fin o próximo xoves 16 de xuño ás 19:30h. no Concello de Rábade .
O Concello de Rábade permanecerá aberto a partir das 18:00 h. coa exposición das composicións fotográficas participantes no concurso.
Un xurado formado polas Técnicos de Animación Sociocultural dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, serán as encargadas de valorar as composicións fotográficas entregadas, procedendo en consecuencia a entregar aos gañadores os seguintes premios económicos:

  • 1ª PREMIO: 200€
  • 2º PREMIO: 150€
  • 3º PREMIO: 100€

            Como se establece nas bases, no acto de recollida de premios será obrigada a asistencia do autor ou autores da obra fotográfica ou dunha persoa na que os gañadores deleguen de forma explícita. En caso da non asistencia do autor/es ou da persoa en que este delegue, desposuirase ao autor/es do premio.
Para obter  máis información visita a web  www.prevenciondedrogas.es , envía un email a  prevenciondrogas@rabade.org ou chama a ao teléfono 982.390.062



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .