> Actualidade

14/12/2012 17:00

> A ACTUACIÓN DO GRUPO FOLK QUEMPALLOU, O SORTEO DE VALES DE COMIDA OU UNHA QUEIMADA POPULAR NO CAMPO DE SANTA ISABEL , SON ALGUNHAS DAS NOVIDADES DA V EDICIÓN DA FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI.

Hoxe, ás 11:00h, tivo lugar no Concello de Outeiro de Rei a presentación da 5ª edición da feira da artesanía de Outeiro de Rei , presentación realizada a diferentes medios de comunicación polo alcalde en funcións, José Pardo Lombao, acompañado da técnica de Emprego e Desenvolvemento Local da entidade.





Entre os datos dados a coñecer pola organización están os seguintes:

  • A FEIRA TERÁ LUGAR O SÁBADO 2/07/2011,COINCIDINDO COAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA A “SANTA ISABEL”. OS POSTOS ABRIRÁN OFICIALMENTE AO PÚBLICO EN HORARIO DE 12:00h A 22:00h AÍNDA QUE PARA AS 11:00h XA PODERÁN SER VISITADOS.
  • ESTÁ PREVISTA A PARTICIPACIÓN DE APROXIMADAMENTE 100 EXPOSITORES. NA ACTUALIDADE TEÑEN CONFIRMADA A SÚA PARTICIPACIÓN 72 POSTOS DE ARTESANÍA E 13 DE ALIMENTACIÓN.

    NA SECCIÓN DE ARTESANÍA HABERÁ PRODUTOS DE OLARÍA, CESTERÍA, ARTESANÍA DA MADEIRA,GANCHO E CALCETA, XOIARÍA, COIRO, INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL, FERREIRÍA, XABÓNS NATURAIS, XOGUETES, BIXUTERÍA, ETC . PARALELAMENTE, NA SECCIÓN DE ALIMENTACIÓN PORANSE Á VENDA EMBUTIDOS, MARMELOS, QUEIXOS, DOCES, VIÑOS E LICORES, …
    FÓRA DESTAS SECCIÓNS HABERÁ TAMÉN UNHA REPRESENTACIÓN DO SPA TERMAS DE VILALBA,DA ASOCIACIÓN “XERMOLOS” DE GUITIRIZ E DA ASOC. DE PRODUTORES ARTESANAIS DA RAZA GALIÑA DE MOS.
  • AO LONGO DA XORNADA HABERÁ DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DE OFICIOS TRADICIONAIS: TRES DAS CATRO OLARÍAS DE TRADICIÓN DE GALICIA(BUÑO, SOBER E BONXE) ESTARÁN PRESENTES NESTA V EDICIÓN DA FEIRA ADEMAIS DUN FERREIRO, DÚAS CESTEIRAS, UN TORNEIRO, UN ARTESÁN QUE REALIZARÁ TALLA DE ÓSO E OUTRO DEDICADO Á FABRICACIÓN DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL.
  • PARALELAMENTE, ESTÁN PREVISTOS VARIOS OBRADOIROS DIRIXIDOS A NENOS E RAPACES PERO SEN ESQUECER ÁS PERSOAS MAIORES:
    • UN DE BARRO, QUE SE SITUARÁ NAS INMEDIACIÓNS DOS OLEIROS E QUE SERÁ GUIADO POR ELES MESMOS
    • UN OBRADOIRO DE PANADERÍA , CORTESÍA DA PANADERÍA OUSÁ E QUE ESTARÁ SITUADO NAS INMEDIACIÓNS DO POSTO DE VENDA DE PAN EMPRAZADO NO CAMPO DE SANTA ISABEL
    • UN OBRADOIRO DE MARIONETAS E OUTRO DE CESTERÍA PARA NEN@S, UNHA CARREIRA DE ORIENTACION: XINCANA DIVERTIDA, UN OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES; A MAIORÍA DESTAS ACTIVIDADES SITUÁRANSE NO CAMPO DE SANTA ISABEL AÍNDA QUE TAMÉN AT0PAREMOS ALGÚN XOGO TRADICIONAL NA RÚA MANUEL MARÍA
  • DURANTE A XORNADA ESTARÁ ABERTA AO PÚBLICO, AO CARÓN DA CASA CONSISTORIAL , UNHA EXPOSICIÓN DE PINTURA NESTA EDICIÓN DE TRABALLOS REALIZADOS POR VECIÑ@S PARTICIPANTES NOS CURSOS DE PINTURA DO CONCELLO .
  • PARA ESTE DÍA ESTÁN PREVISTAS TAMÉN VARIAS ACTUACIÓNS. ASÍ ÁS 12:45 h. ACTUARÁ DIANTE DA CASA CONSISTORIAL A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA; ÁS 13:30 h SERÁ A QUENDA PARA A ACTUACIÓN DO GRUPO DE GAITAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL “PENAS DE RODAS” QUE REALIZARÁ TAMÉN UN PASACALLES ÁS 12:00 DURANTE A INAUGURACIÓN DA FEIRA E QUE A PARTIRES DAS 18:00 h. ANIMARÁ COA SÚA MÚSICA AS RÚAS DO CENTRO, A RÚA MANUEL MARÍA E O CAMPO DE SANTA ISABEL

UNHA DAS NOVIDADES MÁIS DESTACABLES DA PRESENTE EDICIÓN É A ACTUACIÓN ÁS 20:30h NO CAMPO DE SANTA ISABEL DO GRUPO FOLK “QUEMPALLOU” . ESTA ACTUACIÓN ESTÁ SUBVENCIONADA POR AGADIC CON MOTIVO DO ANO DA MÚSICA E POLO PROPIO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI.

  • COMO NAS PASADAS FEIRAS HABERÁ A POSIBILIDADE DE XANTAR OU DE CEAR NA FERMOSA CARBALLEIRA DO CAMPO DE SANTA ISABEL. CADA RACIÓN DO MENÚ ESTARÁ COMPOSTA POR CARNE AO CALDEIRO ACOMPAÑADA DE CACHELOS , 1/2 CHOURIZO , UN BOLIÑO DE PAN E UNHA BOTELLA DE AUGA; ESTE MENÚ INCLÚE A DEGUSTACIÓN DUN NOVO POSTRE, A TORTA SANTA ISABEL. TODO ESTE SERVIZO CORRERÁ A CARGO DO RESTAURANTE “MIÑO”. O PREZO DE VENDA DE CADA RACIÓN SERÁ DE 8€.

HABERÁ DÚAS QUENDAS PARA A DEGUSTACIÓN: AO MEDIODÍA EN HORARIO DE 14:00 h A 16:30 h. E POLA NOITE, EN HORARIO DE 21:00h a 23:00h.
NAS INMEDIACIÓNS HABERÁ POSIBILIDADE DE MERCAR PRODUTOS DE PANADERÍA E ESTÁ PREVISTO QUE HAXA UNHA PULPEIRA.
OUTRA DAS NOVIDADES DA FEIRA E QUE CADA TICKET DO MENÚ DARÁ DEREITO A PARTICIPAR NUN SORTEO QUE SE CELEBRARÁ ÁS 22:30 NA CARPA INSTALADA EN SANTA ISABEL E NO QUE SE SORTEARÁN 11 VALES DE COMIDA EN ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA DO MUNICIPIO. ESTA INICIATIVA ,QUE PARTE DO CONCELLO, CONTA COA COLABORACIÓN DOS SEGUINTES ESTABLECEMENTOS DE OUTEIRO DE REI:

  • HOSTAL ILLÁN
  • LA CABAÑA DE MARCELLE
  • MESÓN GONZÁLEZ
  • MESÓN O FERREIRO
  • PARRILLADA FOMPEDRIÑA
  • RAXERÍA DA FONTE
  • RESTAURANTE MIÑO
  • RESTAURANTE SOBORVILA
  • E AS CASAS DE TURISMO RURAL : “O LUGAR DE PASCUAIS” , “REBOREDA DE ABAIXO” E “RÍO LADRA”

CADA VALE TERÁ UN VALOR DE 40€ E DARÁ DEREITO A DÚAS PERSOAS A COMER GRATUITAMENTE NO ESTABLECEMENTO QUE LLES TOQUE . OS VALES DEBERÁN SER CONSUMIDOS NOS TRES MESES SEGUINTES Á CELEBRACIÓN DO SORTEO E SERÁ PRECISO CONFIRMAR A DISPOÑIBILIDADE DO ESTABLECEMENTO PARA ACUDIR O DÍA SELECCIONADO.
AO REMATE DO SORTEO PROCEDERASE Á CELEBRACIÓN DUNHA QUEIMADA POPULAR.

  • ÁS 17:30 h SAIRÁ UN BUS TURÍSTICO DAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL QUE VISITARÁ O MUSEO DA RADIO LOCALIZADO NA CASA DE TURISMO RURAL RIO LADRA, O CAMPO DA FEIRA E AS PENAS DE RODAS EN GAIOSO, A IGREXA DE FRANCOS E O SALTO DO PIAGO NA PARROQUIA DE ROBRA.AS PRAZAS SON LIMITADAS E PARA PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE É NECESARIO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE NA MESMA O DÍA DA FERIA NA CASETA DO CONCELLO INSTALADA NAS INMEDIACIÓNS DA CASA CONSISTORIAL.
  • AS 18:45 NO ENTORNO DA CAPELA DE SANTA ISABEL HABERÁ UNHA EXHIBICIÓN CANINA DE OBEDIENCIA DEPORTIVA E DEFENSA A CARGO DO CLUB DE ADESTRAMENTO DEPORTIVO “GERIÓN” DE CAMBRE.
  • TAMÉN POLA TARDIÑA RESOLVERASE O CONCURSO QUE PREMIA AOS POSTOS MÁIS VISTOSOS DA FEIRA PROMOVIDO POLO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI POR CUARTO ANO CONSECUTIVO. O obxectivo deste Concurso é o de premiar o esforzo d@s expositor@s por conseguir que os seus postos resulten atractivos para visitantes e consumidores, contribuíndo así a crear unhA feira agradable e atractiva.
  • AO IGUAL QUE O ANO PASADO HABERÁ UNHA DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA , ATA ESGOTAR EXISTENCIAS,DUN PRATO REALIZADO NA OLARÍA DE BONXE CONMEMORATIVO DA FEIRA E QUE PORÁ SER RECOLLIDO NA ZONA DOS OLEIROS.
  • O PECHE DA FEIRA TERÁ LUGAR ÁS 00,30 h. CUNHA ESPECTACULAR SESIÓN DE FOGOS DE ARTIFICIO A CARGO DA EMPRESA “PIROTECNIA ASTARIZ” NAS INMEDIACIÓNS DA CASA CONSISTORIAL.

O Concello de Outeiro de Rei ten solicitada axuda económica para afrontar estes gastos a varios organismos e institucións e neste momento ten concedidas axudas da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, da área de Turismo da Deputación Provincial de Lugo e de Agadic.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .