> Actualidade

14/12/2012 13:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZA DOUS CURSOS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL

O Concello de Outeiro de Rei ten programado o inicio de dúas accións formativas a partir de mediados do mes de xuño. Concretamente prevese impartir un curso de TRABALLADOR FORESTAL de 358h e outro de AUXILIAR DE ENFERMARÍA EN XERIATRÍA de 318h.
Ambos cursos están dirixidos prioritariamente a persoas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego; aquelas persoas que desexen participar nalgún deles o poden solicitar na Oficina de Emprego á maior brevidade posible.
Tamén poderán participar nestes cursos ata un 25% de persoas ocupadas; neste caso, as persoas que desexen participar terán que poñelo en coñecemento do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei, ben persoalmente ou no tfno..: 982 393 382.
Estes cursos, que pertencen ao catálogo AFD (accións formativas para desempregados) da Consellería de Traballo e Benestar, están subvencionados por esta Consellería e polo Fondo Social Europeo e son totalmente gratuítos para as persoas participantes.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .