> Actualidade

14/12/2012 10:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de preinscrición para os Campamentos Urbanos que se realizaran do 4 ó 8 de xullo para os nenos con idades de 8 a 12 anos e do 11 ó 15 de xullo para os nenos de 4 a 7 anos.
Dado que o número de prazas é limitado (25 por campamento), estas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, (terán preferencia os nenos empadroados no concello e os alumnos do CEIP Laverde Ruíz con respecto ós de fóra).
O prazo de solicitude permanecera aberto dende o 5 ó 25 de maio ou ata cubrir prazas; a cota a pagar é de 35€ por neno, que deberan aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematalo prazo de inscrición .
Poden reservarse as prazas na Casa da Cultura de Outeiro de Rei de 9:00h a 14:30h ou chamando ó 982 39 34 08.

  • Ver cartel dos Campamentos de Verán 2011




  • Concello de Outeiro de Rei
    Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
    Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
    Diseño web de Lugonet
     
    Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .