Actualidade
14/12/2012 10:00
O 30 REMATA O PERÍODO PARA SOLICITAR PRAZA NA GARDERÍA MUNICIPAL
O día 30 de abril finaliza o prazo de solicitude de admisión e reserva de praza para o curso 2011/2012 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.
Os pais ou titores de nenos/as que desexen acceder á opción que lles corresponda (reserva ou nova solicitude), deberán cubrir o modelo normalizado establecido a tal efecto que pode obterse na Escola Infantil, no Concello de Outeiro de Rei e a través da web municipal, www.outeiroderei.org premendo na opción “servizos municipais” e “taboleiro de edictos”.
A avaliación de solicitudes farase de conformidade co baremo aplicado para o acceso á rede de escolas infantís de Galicia.
A lista provisional de admitidos e excluídos darase a coñecer a mediados de maio.