> Actualidade

14/12/2012 16:00

> CONCURSO FOTOGRÁFICO “VIVIR É CONVIVIR” E XORNADA FORMATIVA DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

O Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, convoca o I Concurso Fotográfico “VIVIR É CONVIVIR”, aberto a toda a poboación que poderá participar individual ou grupalmente.

As persoas que se preinscriban antes do 13 de abril no concurso poderán participar nunha Xornada de Formación en Fotografía Dxital gratuíta o próximo 14 de abril ás 19:30 horas (o lugar está por determinar).

O obxecto do concurso é promover o coñecemento dos entornos entre concellos veciños a través da realización de traballos fotográficos compostos, cada un deles, por fotografías de 5 parroquias diferentes de entre as 47 parroquias propias dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, a elixir.

A data límite para a presentación dos traballos será o día 31 de maio de 2011. O xurado do concurso valorará os mellores 3 conxuntos fotográficos que serán premiados con:

• 1ª PREMIO: 200 €
• 2º PREMIO: 150 €
• 3º PREMIO: 100 €.

Para máis información accede a www.prevenciondedrogas.es e descarga as bases e as follas de inscrición.

Descargar CARTEL


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .