> Actualidade

14/12/2012 10:00

> RELACIÓN DE PREMIADOS NO SORTEO CELEBRADO EN TUREXPO

O pasado domingo día 27 de marzo tivo lugar no stand do Concello de Outeiro de Rei situado na feira de Turexpo, o sorteo de tres estancias para dúas persoas nas casas de turismo rural do municipio.

As persoas agraciadas foron as seguintes:

- JUAN JACOBO SUÁREZ DÍAZ do municipio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) que escolleu a casa de turismo rural “Reboreda de Abaixo”

- JOSÉ LUIS COPERO SOARES-GUEDES de Oroso (A Coruña) que escolleu “Río Ladra”

- Mª DEL ROSARIO ENRÍQUEZ MARTÍNEZ do municipio de Bueu ( Pontevedra) que disfrutará dunha estancia en “O Lugar de Pascuais”

No momento do sorteo estivo presente o alcalde de Outeiro de Rei, D. José Pardo Lombao ademais de dúas traballadoras do Concello que durante a duración da feira informaron sobre os recursos turísticos do municipio.




Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .