> Actualidade

14/12/2012 16:00

> CONCELLO DE OUTEIRO DE REI PROMOCIONARÁ NESTA FIN DE SEMANA OS SEUS RECURSOS TURÍSTICOS

Un ano máis o Concello de Outeiro de Rei estará presente na feira de Silleda, TUREXPO, que se celebrará durante esta fin de semana.
Así os días 25,26 e 27 farase difusión dos diferentes recursos e atractivos turísticos de Outeiro de Rei: artesanía, patrimonio natural e histórico, gastronomía, feira da artesanía e festas, turismo rural, …
A feira estará aberta ao público a partir da tarde do sábado e durante toda a xornada do domingo en horario de 10:30h a 20:30h (reservándose o resto da feira para os profesionais do sector); o acceso á mesma é gratuíto.
O domingo ás 19:00h terá lugar no stand do Concello o tradicional sorteo de tres estancias nas casas de turismo rural.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .