> Actualidade

14/12/2012 10:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ACOLLE A PRESENTACIÓN DA XORNADA “O BOSQUE SAGRADO DE LUGO. Os bosques como memoria viva dos pobos”

Onte, ás 11:30h tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Outeiro de Rei a presentación da xornada “O BOSQUE SAGRADO DE LUGO. OS BOSQUES COMO MEMORIA VIVA DOS POBOS”. O acto estivo presidido polo alcalde do Concello de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao acompañado polo alcalde de Begonte, Antonio Vázquez, que xunto a Carlos Sánchez Montaña (arquitecto), Aurora María Cruz (arqueóloga) e Javier Quijada,(canteiro e escultor) deron a coñecer este evento.

As investigacións realizados por un equipo interdisciplinar que serán dadas a coñecer na xornada tratan de poñer en valor o que algúns xa coñecían pero que o gran público descoñece na súa maior parte, a existencia nunha ampla zona que comprende os concellos de Begonte e de Outeiro de Rei do que os estudiosos do tema dan en denominar “ O BOSQUE SAGRADO DE LUGO”.

Na xornada haberá unha exposición de elementos, algúns xa coñecidos como Penas de Rodas, patrimonio natural deste municipio de Outeiro de Rei e sobre o que se dará unha visión acerca do seu nacemento e sobre a súa utilización na antigüidade totalmente diferente á que comúnmente se coñece; outro dos elementos que serán presentados será a Pena do Mouro e os petroglifos de Donalbai, ambos elementos situados no municipio de Begonte. No caso da Pena do Mouro falarase do seu importante valor como monumento megalítico e como centro xeométrico de todos eles, de feito créese que Pena do Mouro e Penas de Rodas están íntimamente relacionadas.

Nesta xornada profundarase no coñecemento e recoñecemento da verdadeira esencia de lugares tan máxicos como Penas de Rodas e do Todo no que se integra.

A xornada terá lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei este luns día 21 de marzo a partires das 9:45h e conta cun amplo abano de expertos en diferentes materias (historiadores de distintas especialidades, enxeñeiros de montes, arquitectos,…) e coa colaboración da Fundación Ciudadano Verde, da Asociación Cultural Penas de Rodas, da Asociación Amigos do Camiño, e das dúas entidades locais citadas.
A entrada é libre pero a efectos dunha mellor organización pregase ás persoas interesadas en asistir realizar a inscrición no tfno.: 659 181 971 ou no enderezo bosquesagradolugo@gmail.com.

CONSULTAR PROGRAMA DA XORNADA




Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .