> Actualidade

14/12/2012 16:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL


A partir do día 15 de marzo e ata o 30 de abril, ambas datas incluídas, estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2011/2012 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.
Durante este período de tempo os pais ou titores dos nenos/as que estean na actualidade matriculados no Centro deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na gardería no próximo curso.
Paralelamente, os pais ou titores de nenos/as que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.
Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na Escola Infantil, no Concello de Outeiro de Rei e a través da web municipal, www.outeiroderei.org premendo na opción “servizos municipais” e “taboleiro de edictos”.
A avaliación de solicitudes farase de conformidade co baremo aplicado para o acceso á rede de escolas infantís de Galicia.







Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .