> Actualidade

14/12/2012 18:00

> A NOVA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA MULLERES SERÁ PRESENTADA O VINDEIRO LUNS

O próximo luns día 7 de febreiro terá lugar ás 17:00h, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei, o acto de presentación das Actividades de Promoción da Muller previstas para o ano 2011.
A 11ª edición, desta xa tradicional programación, contempla un variado catálogo de accións de ocio , algunhas pensadas para afrontar un pouquiño mellor os tempos de crise que estamos a vivir e que serán dadas a coñecer ese día.

Despois, a partir aproximadamente das 17:20h, aquelas persoas que así o desexen poderán inscribirse nas actividades previstas para o primeiro semestre do ano e que coma sempre serán cubertas por rigorosa orde de solicitude e tendo en conta que o día da presentación soamente se poderá anotar a alguén que non asista á mesma se quedan prazas vacantes na actividade solicitada.

O prazo de inscrición nas referidas actividades permanecerá aberto ata o día 25 de febreiro.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .