> Actualidade

14/12/2012 11:00

> NOVO CURSO DE XIMNASIA PARA MAIORES

O Concello de Outeiro de Rei abre o próximo día 13 de xaneiro o prazo de inscrición para anotarse no curso “XIMNASIA PARA MAIORES”, actividade incluída no Programa de Actividades para Persoas Maiores que a entidade municipal está a desenvolver dende o pasado mes de xullo.
Está actividade é gratuíta e terá lugar no Local B os luns e xoves a partir do día 3 de febreiro, prolongándose ata o 12 de maio.
Con esta actividade pretendese motivar a práctica da actividade física entre as persoas maiores, atenuando as consecuencias do paso do tempo e buscando a mellora do seu benestar, favorecendo, a súa vez, momentos de intercambio social.
As prazas que se ofertan son un total de 20 que serán cubertas por orde de solicitude. Os requisitos para poder optar ás mesmas son os seguintes:
- Ser maior de 60 anos e estar xubilado ou ser pensionista.
- No caso de que o/a acompañante sexa o cónxuxe, este poderá inscribirse aínda que non cumpra o anterior requisito.
- Estar empadroado/a no Concello de Outeiro de Rei.
- As persoas interesadas en participar terán que anotarse na CASA DA CULTURA de Outeiro de Rei.

Esta programación terá continuidade cun taller de estimulación da memoria que se celebrará a partir do mes de abril.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .