Neste espazo compartimos varios documentos e enlaces que poden ser de utilidade para a cidadanía.

APLICACIÓNS PARA DETECTAR CASOS DA COVID-19



Orde do 17 de novembro de 20 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID-19, financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR400A). Consellería de Emprego e Igualdade, DOG núm. 233 do 18/11/2020



Resumo da disposición:

As persoas que poden beneficiarse destas axudas serán aquelas que estean dadas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia e que teñan recoñecida o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no RD-Lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego. Igualmente terán que estar encadradas nos sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada (consultar disposición).

Establécense dúas posibles axudas: os solicitantes que cumpran os anteriores requisitos poderán optar a unha axuda de 1200 €; a maiores de cumprir os requisitos anteriormente citados, deberá cumprir algún dos puntos do artigo 6.2 das bases da convocatoria de axudas para poder optar a unha axuda de 2000 €.

Tendo en conta que as persoas solicitantes da axuda de 2000 € deben cumprir tamén os requisitos para optar á axuda de 1200 €, se rematasen os créditos previstos para as axudas de 2000 €, estas persoas poderán resultar beneficiarias da axuda de 1200 €.

Estas axudas non serán acumulables.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto e rematará o día 18 de decembro de 2020. As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo máximo para resolver e notificar as solicitudes será de un mes, que se computará dente a presentación da solicitude.

Máis información nos seguintes enlaces:

https://sede.xunta.gal/detalle procedemento?codtram=TR400A&ano=2020&numpub=1&lang=gl

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201118/AnuncioG0599-171120-0004_gl.html


DECRETO 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2. Presidencia da Xunta de Galicia, DOG núm.  223-bis do 04/11/2020

Resumo da disposición:
A Presidencia da Xunta de Galicia, tendo en conta a evolución da situación epidemiolóxica posta de manifesto nos informes da Dirección Xeral de Saúde Pública e tras escoitar as recomendacións do Subcomité Clínico reunido para estes efectos, procede a adopción das seguintes medidas:

1º Limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais:
Con efectos desde as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020, queda restrinxida a entrada e a saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais: Vigo, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño e Gondomar; Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Poio; Coruña, Culleredo, Arteixo, Oleiros e Cambre; Ferrol, Ares, Neda, Narón, Fene e Mugardos; Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén; Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra; Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Cambados; Lalín, Silleda e A Estrada; LUGO; Viveiro; Burela; Monforte de Lemos; Vimianzo; Xinzo de Limia; Cangas; Ponteareas; Tui e Grove.
Quedan exceptuados da anterior limitación aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:
A asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios; o cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais; a asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil; o retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar; asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables; desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes; actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais; renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables; realización de exames ou probas oficiais inaprazables; por causa de forza maior ou situación de necesidade e calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
Non estará sometida a restrición ningunha a circulación en tránsito a través dos ámbitos territoriais en que resulte de aplicación a limitación prevista no número anterior.

2º Limitacións da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados en determinados ámbitos territoriais:
Con efectos desde as 00.00 horas do 5 de novembro de 2020, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre non superará o número máximo de seis persoas, agás que se trate de persoas conviventes. No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo a que se refire o parágrafo anterior será de seis persoas.
Desde as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, quedará limitada aos grupos constituídos só por persoas conviventes, en todos os concellos enumerados anteriormente.
Esta limitación non será de aplicación no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores, e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. Tampouco se aplicará nos casos de reunións con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado, incluído o acompañamento a maiores, menores, dependentes ou persoas con discapacidade ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.

3º Limitacións á permanencia de persoas en lugares de culto:
Con efectos desde as 00.00 horas do 5 de novembro de 2020, na Comunidade Autónoma de Galicia a asistencia a lugares de culto non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade, debendo respectarse en todo caso o límite máximo de cincuenta persoas.
Con efectos desde as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020, o límite máximo de persoas asistentes nos concellos mencionados anteriormente, será de vinte e cinco persoas.
Non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos de culto.

Estas medidas estarán vixentes ata as 15.00 horas do 4 de decembro de 2020.


TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN

SANIDADE ESTABLECE RESTRICIÓNS DE MOBILIDADE PERIMETRAIS NAS SETE CIDADES GALEGAS

A Consellería de Sanidade anunciou o establecemento de novas medidas de restrición da mobilidade nas sete cidades galegas e na súa contorna, ás que ademais hai que engadir a limitación de xuntanzas entre persoas conviventes en 14 concellos.

Tras a xuntanza do subcomité clínico que fai seguimento á evolución da Covid-19 en Galicia, adoptouse un novo conxunto de medidas adoptadas para conter a expansión do virus na nosa comunidade, destacando que desde as 15:00 h deste mediodía establecerase unha restrición perimetral de desprazamentos entre algúns concellos.

Neste senso, a mobilidade de persoas quedará restrinxida aos perímetros conformados polos seguintes grupos de concellos: Santiago de Compostela, Ames e Teo; Ferrol, Neda, Fene e Narón; A Coruña e Arteixo; Pontevedra, Poio e Marín. Así mesmo, tampouco estarán permitidas as entradas e saídas nos municipios de Vigo, Lugo e Vimianzo.

Tamén se endurecerá a restrición das xuntanzas entre persoas, permitindo unicamente as reunións entre persoas que residan no mesmo domicilio nos concellos que arestora se atopan no nivel 2 de restricións, como son os concellos da Coruña, Arteixo, Pontevedra, Poio, Marín, Vigo e Lugo.

Este novo paquete de medidas enmarcase dentro do carácter especial que ten o Día de Defuntos en Galicia, unhas datas nas que se multiplican os desprazamentos na nosa comunidade.

As medidas referentes á limitación de mobilidade perimetral e a restrición de xuntanzas entre conviventes entrarán en vigor ás 15:00 h do 30 de outubro de 2020. No caso das medidas que modifican os límites dos aforos nos concellos, a súa publicación terá lugar mañá no Diario Oficial de Galicia.

As medidas establecidas esta mañá estarán vixentes dende as 15:00 h do 30 de outubro de 2020 ata o vindeiro martes, 3 de novembro de 2020, data en que o comité clínico volverá reunirse e avaliará se é precisa a súa continuidade.



Máis información na seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/52692/sanidade-establece-restricions-mobilidade-perimetrais-nas-sete-cidades-galegas


ORDE do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.DOG do 21/10/2020, Consellería de Sanidade

Resumo da disposición:

A Consellería de Sanidade establece o nivel 2 de restricións en toda Galicia, ademais de LIMITAR AS XUNTANZAS A GRUPOS DUN MÁXIMO DE 5 PERSOAS, excepto no caso de persoas conviventes; tampouco será de aplicación esta medida no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos e de formación, así como na práctica do deporte federado.

Recoméndaselles ás persoas maiores de 75 anos, e ás persoas vulnerables á COVID-19 ou aqueles outros que podan ser englobados dentro dos grupos de risco que eviten na súa actividade diaria as saídas nas horas de previsible afluencia ou concentración de persoas na vía pública e en espazos ou establecementos abertos ao público.

Tamén quedan clausuradas as actividades de festas, verbenas e outros eventos populares.

A maiores destas medidas, recóllense por sectores diferentes restricións. Algúns dos sectores e medidas que se citan son os seguintes:

Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas para velorios e enterros:

Os velorios poderán realizarse cun límite máximo, en cada momento, de 25 persoas en espazos ao aire libre ou de 10 persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes.

A comitiva para a despedida da persoa falecida restrínxese a un máximo de 25 persoas, sexan ou non conviventes, ademais, de ser o caso, do ministro de culto ou persoa asimilada para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.

Lugares de culto:

A asistencia a lugares de culto non poderá superar o 50 % da súa capacidade. A capacidade máxima deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.

Non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos de culto.

Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais:

Estes comercios non poderán superar o 50 % da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nos locais e establecementos ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso da máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal.

Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal deberá concretarse en medidas como control de accesos ou caixas de pagamento específicos, e/ou en horarios determinados que aseguren a dita preferencia na atención. A existencia do servizo de atención preferente deberá sinalarse de forma visible nos ditos establecementos e locais.

Establecementos de hostalaría e restauración:

Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o 50 % da súa capacidade para consumo no interior do local.

O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. Non está permitido o consumo na barra.

As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao 75 % das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

No caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso do Concello para incrementar a superficie destinada a terraza ao aire libre, poderase incrementar o número de mesas previsto no anterior parágrafo, respectando, en todo caso, unha proporción do 75 % entre mesas e superficie dispoñible e sempre que se manteña o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza.

A ocupación máxima será de cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas.

Actividades e instalacións deportivas:

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de cinco persoas de forma simultánea, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata 5 persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o 50 % da capacidade máxima permitida, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil:

Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil, cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao 50 % da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de 100 participantes, incluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o 50 % da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 50 participantes, incluídos os monitores.

As actividades deberán realizarse en grupos de ata 5 persoas participantes, sexan ou non conviventes e incluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

Uso de espazos públicos:

Os centros cívicos e sociais poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao 50 % e que se extremen as medidas de protección nas actividades socioculturais de tipo grupal que se realizan neles cun máximo de 5 persoas, sexan ou non conviventes, e incluído o monitor ou guía para as actividades grupais.

Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre:

Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

TODAS ESTAS MEDIDAS SERÁN DE APLICACIÓN ATA O 03/11/2020 ou ata nova modificación consecuencia da evolución epidemiolóxica



TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN


SANIDADE ESTABLECE O NIVEL 2 EN TODA GALICIA E LIMITA AS REUNIÓNS A UN MÁXIMO DE CINCO PERSOAS
Tras a reunión do Comité clínico que fai o seguimento da evolución da Covid-19 na nosa comunidade, a Consellería de Sanidade establece o nivel 2 de restricións en toda Galicia, ademais de limitar as xuntanzas a grupos dun máximo de 5 persoas.< br> Neste senso, a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma fica no nivel 2 de restricións, unha circunstancia que incidirá nos aforos e na ocupación dos espazos dos diferentes ámbitos sociais.
Todas estas medidas entrarán en vigor dende as 00:00 horas deste xoves día 22/10/2020.

Fontes:
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/52362/sanidade-establece-nivel-2-toda-galicia-limita-reunions-maximo-5-persoas

https://saladecomunicacion.sergas.gal/Paginas/DetalleNova.aspx?idioma=es&idNova=10750&vista=clasica


ORDE do 10 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Consellería de Sanidade, DOG 11/09/2020.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



ORDE do 25 de agosto de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Consellería de Sanidade, DOG 26/08/2020
Esta disposición, recolle normativa actualizada que afecta aos establecementos ou espazos abertos ao público, os espectáculos públicos e ás actividades recreativas.


TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



ORDE do 18 de agosto de 2020 pola que se regula o sistema de información Passcovid.gal como medida complementaria na xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. DOG do 21/08/2020, Consellería de Sanidade

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



ORDE do 15 de agosto de 2020 pola que se modifican determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Consellería de Sanidade, 15 de agosto de 2020

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta do 30 de xullo de 2020 polo que se modifica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, DOG 3 de agosto de 2020

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



ORDE do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios. Consellería de Sanidade, DOG 28 de xullo de 2020

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de xullo de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Consellería de Sanidade, DOG 27 de xullo de 2020

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de xullo de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Consellería de Sanidade, DOG 18/07/2020

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



ORDE do 26 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Cheque autónomo seguimos adiante, financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR342B). Consellería de Economía, Emprego e Industria, DOG do 06/07/2020.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



ORDE do 5 de xullo de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19. Consellería de Sanidade, DOG do 05/07/2020.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



ORDE do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución da xornada para favorecer o mantemento do emprego ante flutuacións da economía, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR820F). Consellería de Economía, Emprego e Industria, DOG do 01/07/2020.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Consellería de Sanidade

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade de diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 30 de maio de 2020.
Esta disposición, recolle entre outros acordos, a ampliación da capacidade en establecementos de hostalería e restauración ata o 50% a partir 1 de xuño.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de maio de 2020, polo que se aproba o Protocolo polo que se establecen as medidas preventivas en materia de saúde pública fronte ao COVID-19 para o desenvolvemento da xornada electoral do 12 de xullo de 2020. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19 (Inviste COVID-19) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG415B). Instituto Galego de Promoción Económica.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020 relativa á xestión da biomasa, limpeza, roza e mantemento tanto en montes e terreos forestais, ou en predios en solo rústico que alberguen especies vexetais leñosas ou herbáceas, como nos predios existentes en solo urbano, urbanizable e de núcleo rural en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 16 de maio. Consellería do Medio Rural.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento VI432E).

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN



NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI PÓDESE SAÍR A PASEAR SEN FRANXA HORARIA

A limitación establecida polo Goberno para realizar deporte ou pasear en determinadas franxas horarias non é de aplicación dende o pasado venres día 8 de maio nos municipios con núcleos de poboación inferiores a 5000 habitantes, entre os que se atopa o municipio de Outeiro de Rei.

https://www.eidolocal.gal/biblioteca/ficha?Element=65008&cont=1

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Esta disposición recolle entre outros acordos o levantamento da suspensión da realización de queimas de restos agrícolas nos terreos rústicos a partir do 11 de maio.

- TEXTO INTEGRO DA DISPOSICIÓN


ORDE do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 23 de marzo de 2020 pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias.Consellería do Medio Rural.

A Xunta de Galicia publicou unha modificación normativa da Orde de 23/03/2020 que afecta ao desprazamento de agricultores que teñan cultivos ou viñedos de autoconsumo que poderán realizar os desprazamentos coa debida acreditación ( levando consigo unha declaración responsable identificando as parcelas, carné de aplicador de fitosanitarios…) para o mantemento dos mesmos dentro do termo municipal onde teñan o domicilio ou noutro adxacente desaparecendo a limitación de non haber unha distancia superior a 5 km dende a residencia habitual, requisito de proximidade que poderá exceptuarse atendendo á situación socioeconómica do interesado cando sexa imprescindible para a súa subsistencia; igualmente, establecese que os traballos se realizarán de forma individual, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores ou por outra causa xustificada, polo tempo indispensable e respectando as distancias e demais protocolos de seguridade. No caso de ser necesario polo tipo de traballos ou calquera outra causa xustificada contar con dúas persoas, terá que ser polo tempo mínimo e imprescindible.

- TEXTO INTEGRO DA DISPOSICIÓN


ORDE do 27 de abril de 2020 pola que se modifica a Orde do 23 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19, en cumprimento do acordo do Centro de Coordinación Operativa da Emerxencia Sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias. Consellería do Medio Rural.

- TEXTO INTEGRO DA DISPOSICIÓN


ORDE do 24 de abril de 2020 pola que se regula o procedemento e se aproba e se dá publicidade ao modelo de comunicación dos anticipos regulados no Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e diversas entidades financeiras para a formalización de anticipos de prestacións por desemprego con orixe en expedientes de regulación temporal de emprego consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19 (código de procedemento TR820X). Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Activado o procedemento para facilitar anticipos aos traballadores afectados por ERTEs. @S traballador@s afectados por expedientes de regulación temporal de emprego ( ERTEs) que aínda non cobrasen as prestacións por desemprego poden solicitar á Xunta un anticipo, tras a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) destes apoios.
En base a esta disposición, as persoas traballadoras afectados por un ERTE poderán recibir de forma inmediata 1500 euros, cun tope mensual de 750 euros, mediante un convenio entre a Xunta e varias entidades financeiras (polo momento Abanca, Caixa Rural, Banco Sabadell e CaixaBank). Poderán ser beneficiari@s desta liña de axudas persoas que presten os seus servizos laborais en Galicia, incluídas en ERTEs aprobados como consecuencia da crise sanitaria provocada polo Covid-19 e que aínda non recibiron as prestacións que lles corresponden por parte do Goberno central. Os adiantos estarán libres de intereses e comisións.

- TEXTO INTEGRO DA DISPOSICIÓN




RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2020 pola que se invitan ás empresas e outros operadores económicos para que manifesten o seu interese de acceder a unha liña de axudas aos investimentos para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19. Instituto Galego de Promoción Económica.

- TEXTO INTEGRO DA DISPOSICIÓN


RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade de diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 14 de abril de 2020.

Esta disposición recolle, entre outros acordos, os seguintes:

- TEXTO INTEGRO DA DISPOSICIÓN


empresas e autónomos



emprego


sanidade


medidas sociais












  • Resolución do 13 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se publica o Acordo da Comisión Interministerial de Prezos dos Medicamentos, de 12 de novembro de 2020, polo que se revisan os importes máximos de venda ao público, en aplicación do previsto no artigo 94.3 do texto refundido da Lei de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2015, de 24 de xullo. MINISTERIO DE SANIDADE, BOE núm. 301 do 16/11/2020

    Resumo da disposición:

    Revísase o importe máximo de venda ao público das máscaras cirúrxicas desbotables, que queda fixado:

    1. Máscaras cirúrxicas desbotables: 0,72 euros/unidade.

    Este importe máximo é unitario, e tratase dun prezo final co IVE ou, no seu caso, co IGIC incluído.

    Este importe máximo queda sometido a futuras revisións por esta Comisión, atendendo á evolución dos prezos de mercado.

    Este acordo producirá efectos dende o día 17 de novembro de 2020.

    TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN


  • Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2. BOE núm. 282 do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática

    A declaración do estado de alarma afecta a todo o territorio nacional.

    Este rematará ás 00:00 horas do 9 de novembro de 2020, sen prexuízo das prórrogas que podan establecerse.

    Durante as 23:00 e as 6:00 horas, os cidadáns só poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades:

    Compra de medicamentos, produtos sanitarios e outros ben de primeira necesidade; asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios; asistencia a centros de atención veterinaria por motivos urxentes; cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais; retorno ao domicilio habitual tras realizar algunha destas actividades; asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables; por causas de forza maior ou situación de necesidade; calquera outra actividade de análoga natureza debidamente acreditada; repostaxe en gasolineiras e estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización de estas actividades previstas.

    Restrinxirase a entrada e saída de comunidades autónomas e cidades con Estatuto de autonomía salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

    Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios; cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais e legais; asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil; retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar; asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables; desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou gasolineiras en territorios limítrofes; actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais; renovacións de permisos e documentación oficial, así coma outros trámites administrativos inaprazables; realización de exames ou probas oficiais inaprazables; por causa de forza maior ou situación de necesidade; calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

    Non estará sometida a restrición algunha a circulación en tránsito a través dos ámbitos territoriais nos que resulten de aplicación as limitación previstas.

    A TER EN CONTA: Aínda que neste BOE aparece regulado que as reunións de grupos de persoas non deben superar o número máximo de seis persoas non conviventes, en Galicia a Xunta fixou medidas máis restritivas que deben ser respectadas, establecendo en cinco o límite máximo de reunión de persoas non conviventes.

    TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN




  • Real Decreto-lei 30/2020, de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego. Xefatura do Estado, BOE núm. 259, de 30 de setembro de 2020.

    Algunhas das medidas máis destacadas recollidas neste Real Decreto-lei son:

    1. Posibilidade de prorrogar ata o 31 de xaneiro de 2020 os expedientes de regulación temporal do emprego (ERTE) por causa de forza tramitados conforme ao artigo 22 do Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, que estean vixentes a 30 de setembro de 2020

    2. Existe a posibilidade de que as empresas que vexan impedido o desenvolvemento da súa actividade en algún/s dos seus centros de traballo, como consecuencias das novas restricións ou medidas de contención sanitaria adoptadas a partires do 1 de outubro de 2020 polas autoridades españolas ou estranxeiras, e as empresas que vexan limitado o desenrolo normalizado da súa actividade a causa de decisións ou medidas adoptadas polas autoridades españolas a partir do 1 de setembro de 2020 tramiten un ERTE por causas de forza maior, cuxa duración limitarase ás citadas novas medidas.

    3. Os ERTEs por causa de forza maior que fosen motivados pola adopción de novas medidas de contención sanitaria a partir do 1 de xullo de 2020 manteranse vixentes de acordo ao recollido nas correspondentes resolucións estimatorias.

    TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN

    Máis información complementaria no seguinte enlace:
    https://www.sepe.es/HomeSepe/COVID-19/nuevas-medidas-aplicacion-ERTE-COVID-19-Real-Decreto-ley-30-2020-29-septiembre.html


  • Resolución de 28 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, referente aos equipos de protección individual no contexto da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, BOE núm. 259, de 30 de setembro de 2020.

    As máscaras KN95 comercializáronse en España cun permiso especial xustificado pola situación de emerxencia pero non habían completado todo os procedementos de avaliación, incluíndo a colocación do marcado 'CE', obrigatorio para a venda de produtos importados na Unión Europea.

    Por este motivo as máscaras KN95 que non posúan marcado 'CE' xa non poden importarse nin poñerse á venda.

    Non obstante, nesta disposición recóllese que as farmacias poden dar saída ao stock de máscaras adquiridas durante as circunstancias especiais ata o 31 de decembro.
    Con todo, pódese comprobar que unha máscara que posuamos, ou esteamos adquirindo, este homologada de acordo aos criterios da 'CE': ademais da marcaxe, atoparemos un códgo de 4 díxitos. Trátase do NANDO (New Approach Notified and Designated Organisations), mediante o cal un estado membro da UE notifica ao resto cales instancias están autorizadas a revisar o material para EPIs. Tamén existe unha páxina web na que poderemos buscar o código e comprobar se, efectivamente, o produto pasou todos os controles necesarios.

    Máis información nos seguintes enlaces:

    https://www.boe.es/boe/dias/2020/09/30/pdfs/BOE-A-2020-11423.pdf

    https://www.boe.es/boe/dias/2020/04/25/pdfs/BOE-A-2020-4651.pdf

    https://ec.europa.eu/growth/tools-databases/nando/index.cfm?dir_id=155501&fuseaction=directive.notifiedbody

























Gráfico fases desescalada, fuente La Voz de Galicia




sanidade

medidas sociais



+info










Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .