> PRESENTACIÓN

Fotografía de José Pardo

Como alcalde do Concello de Outeiro de Rei quero saudar a tódolos veciños e veciñas deste lugar e a tódalas persoas ás que poida unilas algún interese ou relación con este municipio, poñendo á disposición dos nosos visitantes e persoas interesadas toda a información que mediante esta canle informativa poidamos transmitir.

A través desta vía pretendemos dar a coñecer un municipio de futuro en permanente evolución, que querendo potenciar os seus grandes recursos naturais, paisaxísticos, monumentais e culturais camiña cara á modernidade e o desenvolvemento sostido, transformando as súas estruturas agrarias cara ós sectores de servizos, industriais e de ocio, tendo como principal valor a calidade humana e o dinamismo das súas xentes.

Este portal web procura igualmente achegar a administración municipal á cidadanía ofrecendo unha serie de servizos que de xeito progresivo irán medrando e mellorando.

O Concello de Outeiro de Rei dálle a benvida da man do seu alcalde dende este espazo virtual confiando en que lles permita a todos vostedes coñecer mellor este pobo e compartilo connosco.

José Pardo Lombao
Alcalde de Outeiro de Rei

OUTEIRO DE REI, CONCELLO DE FUTURO
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .