> Poboación e Poboamento

A poboación do Municipio de Outeiro de Rei é, de acordo á última rectificación do censo de poboación da que temos datos desglosados efectuada polo Instituto Nacional de Estatística no 2016, de 5043 habitantes (2587 homes e 2456 mulleres). Esta poboación distribúese nas 166 aldeas que forman as 27 parroquias do Concello.

PARROQUIAS Nº ENTIDADES EXTENSIÓN KM² POBOACIÓN NO 2016

HOMES

MULLERES

TOTAL

DENSIDADE

SAN CLODIO DE AGUIAR (SAN CLODIO)

2

1,9

17

21

38

20

SAN LOURENZO DE AGUIAR 
(SAN LOURENZO)

4

4,3

52

55

107

24,88

ARCOS(S. PEDRO)

6

2,5

40

29

69

27.60

ASPAI (S. CIBRAO)

5

6,9

44

45

89

12,90

BONXE (S. MAMEDE)

9

6,2

133

120

253

40,81

CABOI (S. MARTIÑO)

4

2,5

46

60

106

42,40

CANDAI (S. VICENTE)

8

6,2

39

38

77

12,42

CASTELO DE REI (SAN SALVADOR)

3

1'9

37

37

74

38,95

CELA (STA. MARIA)

10

5,6

130

127

257

45,89

FOLGUEIRA (S. NICOLÁS)

4

4,3

23

23

46

10,70

FRANCOS (SANTIAGO)

3

8,5

37

31

68

8,00

SAN TOMÉ DE GAIOSO (SAN TOMÉ)

3

3,1

13

8

21

6,77

SANTIAGO DE GAIOSO (SANTIAGO)

6

3,6

90

74

164

45,56

GUILLAR (S. MARTIÑO)

12

4,3

495

453

948

220,47

MARTUL(S. PEDRO)

2

5

42

43

85

17,00

MATELA (STA, MARÍA MADANELA)

5

3,7

90

81

171

46,22

MOSTEIRO (SAN SALVADOR)

10

8,1

81

65

146

18,02

OUTEIRO DE REI (S. XOÁN)

5

3,2

349

357

706

220,63

SANTA MARIÑA (SANTA MARÍA)

5

2,5

49

50

99

39,60

PARADA (S. XOÁN)

7

6,9

42

35

77

11,16

SAN FIZ DE PAZ (SAN PEDRO FIZ)

12

8,7

91

78

169

19,43

ROBRA(S. PEDRO FIZ)

6

6,9

201

210

411

59,57

SILVARREI (S. XOÁN)

4

5,6

194

194

388

69,29

SOBRADA DE AGUIAR (STA. Mª MADANELA)

8

5

70

68

138

27,60

TABOI (S. PEDRO)

9

3,7

38

37

75

20,27

VICINTE (STA. MARÍA)

7

10,2

56

40

96

9,41

VILELA (SANTIAGO)

7

4,3

88

77

165

38,37

TOTAL

166

134

2587

2456

5043

37,63



> Distribución de efectivos demográficos por parroquias

A evolución demográfica de Outeiro de Rei ó longo do século XX obtémola a través dos padróns de habitantes (Arquivo Municipal) e doutras fontes bibliográficas que nos permiten observar dúas etapas claramente diferenciadas. Por unha parte, ata 1930, un crecemento practicamente constante da poboación, pero a partir de entonces a tendencia demográfica vólvese negativa, ata o ano 1996 a partir do cal se experimenta un incremento.



> Evolución da Poboación de feito (1887 –­ 2016).

 1887  1900  1910  1920  1930  1940  1950  1960  1970  1981  1991  1996  2001  2006  2011  2012  2013  2014  2015
 5571  5903  5851  5829  6255  6037  5795  6031  5097  5108  4135  4115  4320  4695  5004  5046  5098  5083  5068
 2016
 5043

Fonte: Instituto Nacional de Estatística.



As causas deste descenso demográfico, a partir dos anos 30, débese a dous factores fundamentalmente: por unha parte ao crecemento vexetativo negativo durante estes anos, ao coincidir unhas taxas de natalidade máis baixas cás de mortalidade.

E, por outra banda, ao fenómeno da migración, especialmente incidente a partir dos anos 50, e do proceso industrializador que xerou unha importante demanda de man de obra. Así atopamos nestes anos centrais do século XX a saída de veciños do municipio en busca de traballo. Nun primeiro momento fundamentalmente cara a América Latina, máis tarde rumbo a Centroeuropa e nos últimos tempos, cara ás cidades máis importantes de Galicia, este fenómeno migratorio diminuíu notablemente nos últimos anos do século XX e primeiros do século XXI.

Como remate deste capítulo, sinalar que esta tendencia negativa parece que se estancou ao entrar no novo século. Así, se analizamos a evolución demográfica a partir do Padrón do ano 1996, observamos un paulatino crecemento da poboación; feito que contrasta coa evolución demográfica da maioría dos municipios, e non só desta provincia, que seguen a perder efectivos demográficos.

Algo explicable en primeiro lugar polo xa mencionado descenso do fenómeno migratorio ao que debemos engadir a presenza de inmigrantes no concello (desta e doutras provincias de España, así como do estranxeiro) sen esquecer o cambio de mentalidade da poboación, xurdindo un novo gusto pola tranquilidade do mundo rural fronte ao urbano, sen renunciar ás comodidades que este último ofrece, sendo Outeiro de Rei un municipio onde se están asentando moitas familias que buscan calidade de vida nas proximidades á cidade de Lugo.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .