> O Escudo Oficial do Concello

Imagen

O escudo actual, oficialmente recoñecido, é o que foi aprobado polo Decreto da Xunta de Galicia 199/1987 do 16 de Xullo publicado no D.O.G.A. número 157 do 18 de Agosto de 1987, o cal na súa parte dispositiva di:

Artigo único:

Aprobar o escudo heráldico do concello de Outeiro de Rei, que quedará organizado da seguinte maneira:

"De azul, tres torres de prata postas en situación de faixa, superadas dunha coroa de ouro e sostidas de ondas de prata e azul, estas cargadas de tres peixes de prata. O timbre, coroa real pechada".

Santiago de Compostela, dezaseis de xullo de mil novecentos oitenta e sete.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .