> As Capelas

Ás igrexas parroquiais, xa relacionadas, debemos engadir as capelas, que se estenden por este Concello, 10 son as localizadas. De todas elas, algunhas sofren incuria e abandono, mentres que outras foron xa restauradas. En todo caso, a proliferación dos lugares relixiosos e a abundancia de cruceiros sinala un foco evidente de devoción que data da Idade Media.

> Capela da Confraría da Nosa Señora do Rosario (Vicinte)

Imagen Situada en Bravos (Vicinte), cando esta aldea foi suprimida como parroquia, no amaño parroquial de 1890, deixou de ser igrexa para pasar a subsistir como capela da confraría da Virxe do Rosario (fundada en 1704).

Esta capela, de pedra de cantería, foi obxecto de varias reformas, algunhas dos primeiros anos do século XV de acordo á inscrición que recollemos máis tarde. Na actualidade o monumento consta dunha nave e ábsida rectangulares, este máis reducido cá nave, ó modo clásico do románico rural. Pero non conserva elemento algún desta primitiva fábrica románica, non anterior á segunda metade do século XII, agás as medidas.

A parte principal ábrese cun arco de medio punto ó interior e apuntado ó exterior. Cingue un tímpano alintelado esculpido cunha cruz con entrelazos uniformes abrazada por unha circunferencia.

No muro Sur hai unha parte cun arco de medio punto, ademais dun tímpano decorado cun disco no que destaca un castelo de tres torres amearas. Á dereita do disco leva unha inscrición en carácteres monacais e distribuída en catro liñas:

ME Imagen
CIT ARCHR
IOHNS O O
ANNO DNIM CCCCXII
(Me hizo el arcediano Juan...en el año del Señor 1412)


> Capela de San Marcos en San Clodio (Vicinte)

Moi típica, rectangular, a dúas vertentes. Alpendre sobre o frontis, cuberto ca prolongación das augas da nave, descansa sobre dúas rústicas columnas monolíticas.

· Retablo pequeno, barroco, do século XVII, cun fornelo en cada corpo. Dous santos, da época.

> Capela dos Remedios, en Penadedra (Paz)

Imagen Templo de cantería de propiedade privada, foi restaurado non hai moitos anos. Planta rectangular, pórtico de dúas columnas aberto diante do frontis. Pertence á casa de Senra e presenta un peto de ánimas, ademais cruz de pedra sobre o muro do camiño. A capela está dedicada á Virxe dos Remedios.

En honor a Virxe dos Remedios na actualidade celebra a súa festa o domingo seguinte ó 8 de setembro.

· Retablos: Virxe (de vestir); Santo Tomas (0.36) e San Antonio (0.40).

> Capela de San Roque, en Montemaior (Paz)

En estado ruinoso.

> Capela de San Pelagio, en Sampaio (Parada)

Capela de dimensións: 8,20 x 4,60. Planta rectangular, cun sinxelo pórtico de dúas columnas monolíticas. Toda ela é de granito, incluída a mesa que hai diante da estrada, seguramente para poñelas imaxes das procesións.

· Retablos: San Paio (0.60) e outras dúas pequenas tallas.

> Capela de Santa Isabel, en Outeiro de Rei (San Xoán)

Imagen Sita no Campo de Santa Isabel; non é un gran monumento, pero ten o encanto do lugar onde se atopa. Practicamente arruinada pola incuria, foi restaurada recentemente.

As capelas son un dos elementos que conforman a unidade pacega, por iso non é de estrañar que moitas das localizadas formen parte ou estean situadas preto de casas señoriais. Así podemos citar, por exemplo:


> Capela da Casa Señorial de Miraz, en Arcos


> Capela da Casa Grande dos Andrade, en Castelo

Con pía para a auga bendita.

> Capela de Martul

Nunha casa grande, con pombal, hai unha capela de pedra, fáltalle o teito. Nunha inscrición, bastante borrosa, parece datar a capela no século XVIII. Este templo sufriu varios roubos de pezas que puideran ser de interese.

> Capela do Pazo de Guevara, en Taboi

Capela barroca pegada ó edificio principal.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .