> A Arquitectura popular

Dentro da arquitectura popular do Concello, o muíño representa un papel significativo. A súa funcionalidade económica é evidente, o gran foi a base da economía tradicional e a finalidade fundamental destas construcións foi precisamente a de moer o citado gran.

Imagen
Muíño da Ponte (Gaioso)

Pero a súa importancia tamén estriba en todo ese gran mundo de costumes e folclore que se desenrolou arredores del. O muíño sempre foi un lugar de relacións entre os veciños, posto que cando acudían para moer reuníanse e moitas veces, quedaban de leria e de troula, cantando e bailando. "Estas muiñadas" eran normalmente pola noite e tiveron un sentido de reunión festiva.

Actualmente estas costumes desapareceron e o muíño só cumpre a súa función practica, nos raros casos que seguen en funcionamento.

Imagen
Muíño de Felpas (Santa Mariña)

As características xeográficas de Outeiro de Rei posibilitaron a súa proliferación ao redor da importante rede fluvial existente no Concello.

Dos ríos e dos regatos xorden os chamados muíños de auga ou de rego. Entre eles podemos destacar o "Muíño da Ponte", sito no barrio da Ponte, parroquia de Santiago de Gaioso, ao pé do río Ladra; "O Muíño de Santa Isabel", sito na marxe esquerda do río Miño, no Campo de Santa Isabel (San Xoán de Outeiro de Rei) e que foi construído no ano 1898; o "Muíño de Felpas" sito en Santa Mariña de Outeiro de Rei, nun estado de conservación regular e o muíño de Ximarás que situado na parroquia de Paz e o único muíño do municipio que na actualidade está en funcionamento.

Imagen
Muíño de Santa Isabel (Outeiro de Rei)
Imagen
Muíño de Ximarás (Paz)

Podemos tamén incluír neste capítulo o pombal, este tipo de construción destinada a habitáculo das pombas non destaca precisamente pola súa abundancia, pero si pola súa beleza. Así podemos citar o Pombal de Guillar, cualificado na "Enciclopedia Galega" como -...un dos máis bonitos...- de Galicia. Construído sobre unha pequena rocha na mesma gábea da estrada xeral que vai de Lugo á Coruña, aproximadamente fai medio século.

Imagen
  Pombal de Guillar

Máis antigo parece ser o pombal sito en Taboi, formando parte, a modo de pequena torre defensiva, do Pazo de Guevara, aínda que se sitúa fora do recinto amurallado.

Outro exemplo de pombal, témolo en Felpas (parroquia de Santa Mariña de Outeiro de Rei), na coñecida como CASA do REI.

Imagen
Pombal de Taboi

Xunto con estas dúas construcións, hórreos, palleiros e alpendres, aparecen espallados polas terras do Municipio, formando parte, en moitas ocasións, das casas de labranza e deixando claro que Outeiro de Rei foi e aínda é terra agrícola.

Imagen
Pombal da Casa do Rei

Unhas casas de labranza que presentan dúas grandes tipoloxías, condicionadas polo material empregado na súa construción. Así á esquerda do Miño, e nas partes máis chas, abundan as casas de pedra de lousa, alongadas, con planta alta e baixa. No resto do territorio do Concello, predominan as casas máis cadradas, de cantería. Convivindo, cada vez máis, unhas e outras, coas construcións modernas.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .