> ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER 2017

A TER EN CONTA:
  • Nas actividades marcadas cun asterisco (*), o prazo de inscrición estará aberto do 3 ao 24 de febreiro. As prazas cubriranse sempre por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas neste municipio con respecto ás de fóra.
  • A cota a pagar deberá facerse efectiva dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei terán que aboar as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de ata 2 meses, 10 € e cursos de 3 ou 4 meses, 20 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.
  • As actividades previstas para mulleres nas que non se cubran as prazas ofertadas poderán ser cubertas por homes.
  • Tres faltas de asistencia inxustificadas en actividades con lista de espera dará lugar a causar baixa na actividade.
  • A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas, queda supeditada á demanda que exista ou imprevistos que poidan xurdir.
  • Podes deixar a túa opinión sobre esta programación, outras posibles actividades ou calquera suxestión en materia de igualdade no CORREO DA IGUALDADE que atoparás na web municipal.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 24/02/2017 NAS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO

> USOS DE INTERNET NA VIDA COTIÁ*
(Compras, vendas, trámites diversos, ocio, seguridade on-line...)

Duración: Do 27/02/2017 ao 12/04/2017
Horario: De LUNS a MÉRCORES, de 17:30 h a 19:30 h
N° de prazas: 15
Lugar : AULA INFORMÁTICA (CENTRO CULTURAL)
Cota: 20 €

> IMOS Á PISCINA* 

Duración: Do 06/03/2017 ao 29/05/2017 (AQUAGYM)
                  Do 03/03/2017 ao 26/05/2017 (NATACIÓN, iniciación)
Horario: LUNS, de 20:15 h a 21:00 h
               VENRES, de 11:15 h a 12:00 h
N° de prazas: 18 (9 prazas/grupo)
Lugar : Centro deportivo AQUALIFE
Cota: 50 €/actividade

> 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA* 

Concurso de fotografía: A MULLER TRABALLADORA NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI
INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN E ENTREGA DE PREMIOS:
Data: 08/03/2017
Horario : MÉRCORES, ás 17:00 h
Lugar: CASA DA CULTURA
BASES DO CONCURSO dispoñibles en www.outeiroderei.org

> TALLER DE ELABORACIÓN DE XABÓNS E COSMÉTICA NATURAL * 

Duración: Do 24/04/2017 ao 26/06/2017
Horario: LUNS, de 16:00 h a 19:00 h
N° de prazas: 15
Lugar : CENTRO CULTURAL
Cota: 20 €

> DE FEIRA Á FERIA FRANCA DE PONTEVEDRA 

Data: 02/09/2017
Horario: SÁBADO, de 9:15 h a 20:30 h
N° de prazas: 53
Cota: Bus gratuíto

> TALLER DE INTELIXENCIA EMOCIONAL  

Duración: Do 22/09/2017 ao 17/11/2017
Horario: VENRES, de 16:00 h a 18:00 h
N° de prazas: 15
Lugar : AULA INFORMÁTICA (CENTRO CULTURAL)
Cota: 20 €

> TALLER DE CESTERÍA DE VIMBIO

Duración: Do 23/09/2017 ao 30/09/2017
Horario: SÁBADOS, de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h
N° de prazas: 12
Lugar : CENTRO CULTURAL DE MATELA
Cota: 20 €

> OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE PAN E REPOSTERÍA BÁSICA 

Duración: Do 18/10/2017 ao 15/11/2017
Horario: MÉRCORES, de 16:00 h a 18:30 h
N° de prazas: 15
Lugar : PANADERÍA OUSÁ(Guillar)
Cota: 20 €

> MICOLOXÍA EN FAMILIA
(Charla, saída guiada ao campo, comida opcional e clasificación de exemplares) 
 
Data: 11/11/2017
Horario: SÁBADO, de 10:00 h a 18:30 h
N° de prazas: 30
Cota: Gratuíta (salvo a comida, 12 €/persoa)

> 25 DE NOVEMBRO, Día Internacional contra a Violencia de Xénero 
DEFENSA PERSOAL

Duración: Do 25/11/2017 ao 02/12/2017
Horario: SÁBADOS, de 16:30 h a 18:30 h
N° de prazas: 30
Lugar : XIMNASIO DO PAVILLÓN DE DEPORTES
Cota: Gratuíta

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .