>Programa de Actividades para Persoas Maiores 2017/2018

Requisitos a ter en conta:

  • Ser maior de 60 anos e estar xubilado ou ser pensionista; igualmente poderán acceder ás actividades as persoas con 65 ou máis anos independentemente de que estean xubiladas ou non.
  • No caso de que o/a acompañante sexa o cónxuxe, este poderá inscribirse ainda que non cumpra o anterior requisito como acompañante para as viaxes ou comidas que se celebren.
  • Estar empadroado/a no Concello de Outeiro de Rei.
  • As persoas perceptoras de pensións non contributivas para ter dereito á cota reducida terán que acreditar dita situación mediante certificado acreditativo que se pode solicitar no departamento de Servizos Sociais do Concello.
  • As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude; a celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas, queda supeditada á demanda que exista ou imprevistos que poidan xurdir.
  • As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades previstas terán que realizar a inscrición na CASA DA CULTURA de Outeiro de Rei nos seguintes prazos:
    • Para as actividades do ano 2017, do 4 ao 21 de xullo.
    • Para as actividades do ano 2018 o prazo de inscrición estará aberto nos 20 días anteriores ao inicio da actividade.

> XXV FESTA DOS XUBILADOS

Data: VENRES, 30/06/2017
Lugar: CAMPO DE SANTA ISABEL
Cota: 5 € (xubilados ou pensionistas) 
          20 € (acompañantes que non reúnan o requisito anterior)

> DE EXCURSIÓN A ...

-Iniciativa DESCUBRINDO OUTEIRO DE REI

Data: MÉRCORES, 19/07/2017
Horario: De 11:00 h a 19:00 h
N• prazas: 53
Lugar saída: Praza do Concello
Cota: Gratuíta (salvo a comida)
(Puntos a visitar: Casa do Concello, Coren, Centro Deportivo D10, Vida de Aldea. Comida no Campo de Sta. Isabel).

- LOS OSCOS (Asturias)

Data: XOVES, 03/08/2017
Horario: De 10:00 h a 20:00 h
N• prazas: 53
Lugar saída: Praza do Concello
Cota: Bus gratuíto (visitas opcionais; prezo entradas non incluído)
(Visita ao Ecomuseo do Pan, Museo Casa Natal do Marqués de Sargadelos e ao Mazo de Mazonovo).

> XIMNASIA PARA MAIORES

Duración: Do 05/09/2017 ao 14/12/2017 (1• grupo)
                  Do 01/02/2018 ao 10/05/2018 (2• grupo)
Horario: MARTES e XOVES, de 19:15 h a 20:00 h
N• prazas: 20
Lugar: Ximnasio do pavillón de deportes
Cota: 5 € (perceptores de pensións non contributivas)
          10 € (resto de usuarios)

> COIDA OS TEUS PÉS

Duración: Do 06/09/2017 ao 18/07/2018
Horario:  MÉRCORES, de 10:30 h a 13:30 h 
N• prazas: 12 (límite de pacientes por día)
Lugar: Centro médico de Outeiro de Rei
Cota: 3 € / consulta (perceptores de pensións non contributivas)
          5 € / consulta (resto de usuarios)
          Previa cita no tlfno.: 982 393 281 

> PRIMEIROS AUXILIOS E COIDADOS BÁSICOS DE SAÚDE

Duración: Do 06/03/2018 ao 27/03/2018
Horario: MARTES, de 17:00 h a 19:00 h
N• prazas: 15
Lugar: Centro Cultural
Cota: Gratuíta

> TALLER DE MEMORIA

Duración: Do 04/04/2018 ao 25/04/2018
Horario: MÉRCORES, de 10:30 h a 12:00 h
N• prazas: 15
Lugar: Centro Cultural
Cota: Gratuíta

> INTERNET E MANEXO DO MÓBIL

Duración: Do 01/10/2018 ao 29/11/2018
Horario: LUNS, MARTES e XOVES, de 16:15 h a 17:45 h
N• prazas: 15
Lugar: Centro Cultural
Cota: Gratuíta

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .