> RUTA DE SENDEIRISMO “MIRADOIRO DA TERRA CHA”

“Miradoiro da Terra Chá” é unha ruta  no municipio de Outeiro de Rei de trazado circular que combina etnografía e natureza nun percorrido de 10,7Km que une as parroquias de Gaioso Francos.

Partindo do lugar de  A Feira (na parroquia de Gaioso), recolecto espazo onde ata mediados  do século pasado celebrouse unha feira á que acudían persoas das distintas parroquias do concello de Outeiro de Rei e arredores para vender ou comprar gando, queixos, cereais, olas…,o visitante poderá atravesar no seu camiñar a pontella de Portamelle ,   o muíño de Lousado, contemplar as Penas de Rodas e ascender á Cruz de Paraños, vértice xeodésico situado a 614 m. de altitude (estes dous últimos puntos e sempre que o tempo o permita, son espléndidos miradoiros naturais da Terra Cha e de parte da provincia de Lugo).

Na baixada, pasarán polo lugar de Susavila pertencente á parroquia de Candai e cruzarán o rego de Denlle rematando a ruta xunto á  bonita igrexa parroquial de Francos de orixe románica, aínda que da súa  primitiva construción só  conserva a ábsida.

No entorno da ruta hai posibilidade de recuperar folgos nas casas de turismo rural  e nos establecementos de hostalería do municipio e inclusive de  atopar aloxamento.

> Bares
> Casas de turismo rural
> Restaurantes y alojamientos

Esta ruta pertence á Rede de Sendeiros da Terra Chá e foi homologada pola Federación Galega de Montañismo  no ano 2011.

DESCARGUE O FOLLETO DA RUTA “MIRADOIRO DA TERRA CHA”.

DESCARGUE O PERCORRIDO DESTA RUTA PARA GPS.

Vista dende a Cruz de Paraños
    Vista dende a Cruz de Paraños
Muiño lousado
     Muíño de Lousado
Igrexa de Francos
     Igrexa de Francos
 


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .