> ILLAS

A de maior tamaño é a "Insua de San Roque". Tratase da illa máis grande do curso alto do Miño. Esta illa constitúe unha área representativa dos humidais da Terra Chá e xunto á "Insua de Trabanca" e a "Insua de Santa Mariña ou de Baixo" conforma as chamadas "Insuas do Miño".

Todas elas forman parte do LIC Parga - Ladra - Támoga e da zona núcleo da reserva da biosfera ""Terras do Miño.

Citar tamén a "Insua de Arriba ou de Seivane" na parroquia de San Xoan de Parada, á que se accede facilmente a través da ponte colgante situada na marxe dereita do río Miño.

Esta fermosa illa era practicamente descoñecida, pois está situada nunha zona na que o río Miño vai encaixado e o acceso á mesma era difícil. Este dobre illamento favoreceu un bosque autóctono onde especies como os carballos, o acivro e o freixo conviven en harmonía.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .