> Actualidade

07/02/2018 14:01

> PRÓXIMAS ACTIVIDADES PARA PERSOAS MAIORES DE OUTEIRO

Continuando coa programación de actividades para persoas maiores 2017/2018, o Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as seguintes:

  • PRIMEIROS AUXILIOS E COIDADOS BÁSICOS DE SAÚDE, curso impartido polo ATS Mario Rivas Carro que se celebrará no Centro Cultural de Outeiro de Rei os martes do mes de marzo en horario de 17:00 a 19:00 h e para o que se pode solicitar praza do 12 de febreiro ao 2 de marzo.
  • TALLER DE MEMORIA que se celebrará igualmente no Centro Cultural os mércores do mes de abril en horario de 10:30 h a 12:00 h que terá aberto o prazo de solicitude  do 12 ao 30 de marzo.

Ambas actividades son gratuítas e as persoas interesadas en asistir  poden anotarse nas oficinas da Casa da Cultura de luns a venres en horario de  10:00 h a 14:30 h ou chamando ao teléfono 982 393 408 nos prazos de inscrición indicados.
        


- Descargar cartel

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .