> Actualidade

02/02/2018 22:00

> O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER PREVISTAS PARA O PRIMEIRO SEMESTRE DESTE ANO

O alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, e a concelleira de servizos sociais, Mª José Martínez Vigo realizaron  a presentación das Actividades de Promoción da Muller 2018 que como é habitual danse a coñecer o primeiro venres de febreiro.

A 18ª edición desta tradicional programación oferta a través de 10  actividades un total de 200 prazas, cifra na que non se inclúe  a celebración do Día Internacional da Muller  ao ser unha celebración de portas abertas.
Finalizada a presentación abriuse o prazo de inscrición ata o día 23 de febreiro para as seguintes actividades programadas para o primeiro semestre do ano:

- TALLER CREATIVO DE RECICLAXE TEXTIL

Este taller permitira descubrir diferentes posibilidades para reutilizar a roupa e tecidos dos que moitas veces nos desfacemos canda aínda están en bo uso e  paralelamente realzar o valor dos traballos feitos a man por un mesmo.
As persoas participantes nesta actividade poderán levar, se así o desexan,  aos seus fillos ou fillas sempre que teñan  6 ou máis anos de idade, estando previsto que realicen algún proxecto de acordo ás súas capacidades.

- XARDINERÍA E COIDADO DA CONTORNA DAS NOSAS CASAS

Curso  especialmente dirixido a persoas que queiran adquirir nocións de xardinería. Dentro do programa está previsto abordar o tema do deseño de xardíns, mantemento do céspede, identificación e tratamento de pragas, enfermidades e malas herbas,selección de especies, plantación e coidado das plantas, arbustos ornamentais, labores de poda...

- OBRADOIRO DE PLANTAS AROMÁTICAS E MEDICINAIS

O obxectivo deste obradoiro  é aprender a identificar as principais plantas medicinais que podemos atopar na nosa contorna, coñecer os seus usos, así coma as súas contraindicacións no caso de habelas, e saber como empregalas na práctica caseira mediante as distintas técnicas. Tratarase a recolección, desecación e conservación de exemplares, , as formas de aplicación e as variedades máis comúns da zona. usos terapéuticos, culinarios e estéticos das plantas.
Esta previsto realizar  unha saída na que as participantes aproveitaran para identificar e recoller algunhas das plantas máis comúns da zona (melisa, menta, ortiga...)
Neste obradoiro as participantes aprenderán a elaborar cremas, aceites, bálsamos, emplastos, tinturas, así como infusións e bebidas relaxantes.

-OBRADOIRO DE ELABORACIÓN ARTESANAL DE CONSERVAS DE FROITAS E VERDURAS

A partir duns coñecementos básicos sobre técnicas de envasado e de esterilización, este obradoiro terá como obxectivo aprender a  transformar produtos agrarios a través de métodos artesáns co ánimo de poder aproveitar mellor as pequenas producións domésticas. Está prevista a realización de  xaleas, marmeladas e confituras, licores de froitas, envasado de froitas e verduras ao natural etc.

Por outro lado, con motivo da celebración do Dia Internacional da Muller,o Concello organiza o segundo  concurso de fotografía que baixo o título A MULLER TRABALLADORA NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI pretende visibilizar o traballo das mulleres no concello de Outeiro de Rei en diferentes eidos da nosa sociedade e en calquera ámbito (público ou privado).
Establécense dúas categorías:

  • FOTOGRAFÍAS ANTIGAS
  • FOTOGRAFÍAS ACTUAIS

O premio será 200 € para a fotografía gañadora de cada sección. Os traballos pódense presentar no rexistro do Concello (presencialmente ou por correo postal certificado) a partir do luns día 5 de febreiro ata o día 23 deste mes, ambas datas incluídas.

Cos traballos que se presenten esta previsto realizar unha exposición que será inaugurado o día 8 de marzo, data na que se darán a coñecer as fotografías gañadoras e  na que se realizara a entrega de premios.

Lembrar que na web municipal outeiroderei.org existe un enlace ao CORREO DA IGUALDADE no que a través dun formulario ao que se pode acceder dende a web municipal as persoas que o desexen poderán realizar as súas achegas ou suxestións en materia de igualdade.

Pódese acadar máis información ou realizar as inscricións  na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no tfno.: 982 393 408.

- Descarga o programa
- Descarga as bases do concurso de fotografía
- Accede ao correo da igualdade



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .