> Actualidade

01/02/2018 11:29

> A BIBLIOTECA MUNICIPAL ENTREGA VARIOS PREMIOS

A Biblioteca Pública Municipal de Outeiro de Rei fixo entrega dos premios do II Concurso  de Postais  NADAL   2017 no que participaron 127 rapaces e rapazas e tamén dos premios do Certame de Poesía Infantil Nadal 2017 no que se presentaron 54 traballos.

O acto celebrouse   onte  ás 11:20 h  na Casa da Cultura  e  todas as nenas e nenos  premiados recibiron un diploma e un lote de libros e diverso material escolar.

A entrega de premios realizouna o alcalde, José Pardo Lombao,  a concelleira de Cultura, Begoña Seco Varela, e a directora do Colexio Público Laverde Ruiz, Noa Piñeiro.  Tamén  asistiron  ao acto país e nais dos alumn@s premiados  así como todos  os participantes en ámbolos dous certames, que recibiron un libro  de contos, agasallo tamén do Concello de Outeiro de Rei co ánimo de fomentar a lectura nos nenos e nenas.




Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .