> Actualidade

17/01/2018 11:33

> PROXIMAMENTE CURSO DE PODA, ENXERTO E PLANTACIÓN DE FRUTAIS EN OUTEIRO DE REI

O Concello de Outeiro de Rei organiza un curso de poda, enxerto e plantación de frutais que terá lugar, sempre que exista demanda, do 3 de febreiro ao 10 de marzo de 2018. Desenvolverase os sábados en horario de 10:00 h a 14:00 h; a parte teórica realizarase no Centro Cultural de Robra estando previsto que as sesións prácticas teñan lugar en fincas do municipio.

Para este curso ofértanse 15 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Outeiro de Rei. A cota de inscrición é de 30 € e deberá facerse efectiva antes do inicio do curso.

As persoas interesadas poderán solicitalo entre o 22 de xaneiro e o 1 de febreiro no propio Concello, no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local ou chamando ao 982 393 382, en horario de 9:00 h a 15:00 h.

- Descargar cartel

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .