> Actualidade

17/11/2017 14:57

> BOLSAS E PARAUGAS POLO 25N

Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO o próximo día 25 de novembro, o Concello de Outeiro de Rei distribuirá gratuitamente bolsas-mochilas conmemorativas.

As persoas interesadas poden solicitar a súa nas oficinas municipais do Concello a partir do luns día 20; serán repartidas ata esgotar existencias.

Igualmente, as mulleres que participen no curso de Defensa persoal promovido polo Concello de Outeiro de Rei dentro das Actividades de Promoción da Muller 2017, recibirán un paraugas alusivo á celebración do 25N, día de especial reflexión no que todos e todas temos que seguir reivindicando o cese dunha lacra social que non cesa. Este curso está previsto que se celebre no ximnasio do pavillón de deportes municipal os días 25 de novembro e 2 de decembro en horario de 16:30 a 18:30 h. De momento aínda hai prazas libres polo que as mulleres interesadas poden realizar a súa inscrición na Casa da Cultura de Outeiro de Rei en horario de 10:00 h a 14:30 h ou no tfno.: 982 393 408.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .