> Actualidade

13/11/2017 11:41

> XORNADA MICOLÓXICA EN OUTEIRO DE REI

O pasado sábado desenvolveuse en Outeiro de Rei unha xornada micolóxica que incluíu a primeira hora unha charla impartida por Julián Alonso Díaz, presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, para posteriormente realizar unha saída guiada ao campo.

A pesar de que as condicións meteorolóxicas  están condicionando o nacemento de fungos debido á  escasede de humidade, recolléronse unha importante variedade de exemplares.

Despois da comida, celebrada na casa de turismo rural Río Ladra, fíxose un obradoiro de identificación e clasificación dos fungos recollidos no que Alonso deu pautas para diferenciar diferentes especies centrándose nas variedades comestibles máis coñecidas e facendo fincapé tamén nas non comestibles explicando os seus diferentes efectos  e resolvendo as dúbidas dos asistentes.

Esta xornada, promovida polo Concello de Outeiro de Rei e incluída na programación de Actividades de Promoción da Muller 2017 baixo a denominación de MICOLOXÍA EN FAMILIA,  contou coa participación de 26 persoas.






































Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .