> Actualidade

26/10/2017 12:47

> SINALIZACIÓN DE RECURSOS TURÍSTICOS EN OUTEIRO DE REI

O Concello de Outeiro de Rei está a mellorar a sinalización dos recursos turísticos existentes no municipio. O orzamento da actuación ascende a 53.603,00 euros. Turismo de Galicia aporta o 75% do investimento para a sinalización de elementos do Patrimonio cultural e natural do municipio.

Estas axudas enmárcanse dentro da orde de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

O obxecto desta medida é consolidar a oferta turística en zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.




Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .