> Actualidade

13/10/2017 09:59

> O CONCELLO CONVOCA O II CONCURSO DE POSTAIS NADAL 2017

O Concello de Outeiro de Rei convoca por segundo ano consecutivo o Concurso de Postais Nadal 2017 no que poderán participar rapaces e rapazas empadroados neste municipio ou que estuden no Colexio Público Laverde Ruíz e que cursen educación primaria.

Os traballos tratarán sobre o Nadal e realizaranse en formato 15*21 cm (medio folio) e acompañaranse da folla cos datos persoais. O prazo de presentación permanecerá aberto do 10 de outubro ata o 10 de novembro.

Poden obter máis información nas bases do concurso e na Casa da Cultura (teléf.: 982 393 408).


BASES CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

FOLLA DE DATOS PERSOAIS

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .