> Actualidade

13/10/2017 08:53

> PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DE INVERNO

O vindeiro venres día 20 de outubro terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei ás 21:00 h a presentación das actividades de inverno deportivas, culturais , da Oficina de Información Xuvenil e do Servizo de Prevención para a tempada 2017-2018.

Posteriormente, abrirase o prazo de inscrición para as actividades podendo anotarse todas as persoas interesadas.

Como remate do acto e ao igual que en anos anteriores terá lugar no Pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz un magosto popular acompañado de pinchos variados ao que están convidados todos os veciños e veciñas do municipio.

- Descargar cartel


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .