> Actualidade

29/09/2017 13:22

> INAUGURADO O OBRADOIRO DE EMPREGO SANTA ISABEL III

O Obradoiro de Emprego Santa Isabel III iniciou a súa actividade no día de hoxe, día no que alumnos traballadores dos concellos integrantes do mesmo xunto co resto de persoal do obradoiro déronse cita en Outeiro de Rei recibindo ao longo da mañá formación sobre prevención en riscos laborais.
Ás 12:30 h celebrouse un acto institucional de benvida no que os alcaldes dos tres concellos, Francisco J. Balado Teijeiro en representación do Concello de Castro de Rei, Armando Castosa Alvariño en representación do Concello de Cospeito  e José Pardo Lombao, representante do Concello de Outeiro de Rei, promotor este ano do obradoiro, deron a benvida  a todo o persoal que durante 9 meses traballará na realización de diferentes obras.
Os obradoiros céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social e nacen coa finalidade de posibilitar un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a cualificación profesional dos beneficiarios e favoreza a súa posterior inserción laboral.

Os certificados de profesionalidade que se impartirán neste obradoiro son:
No caso de Castro de Rei,  Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.
En Cospeito, Montaxe e mantemento de instacións eléctricas de baixa tensión.
E en  Outeiro de Rei, certificado de profesionalidade en Levantamentos e replanteos.
Este obradoiro conta cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria por importe 279959 €  e   empregará a un total de 26 persoas entre alumnos traballadores (20), monitores (3), administrador (1) e director (1) ademais dun mestre.


































Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .