> Actualidade

20/09/2017 11:11

> O GRUPO DE TEATRO OS PALIMOQUIÑOS PRESENTA “BORRALLIÑA”

O vindeiro domingo 24 de setembro terá lugar ás 12:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei a representación da obra de teatro “BORRALLIÑA” do grupo Os Palimoquiños.

Á obra, que é para todos os públicos, poderán asistir de forma gratuíta todos os que o desexen ata cubrir aforo.

Trata sobre un país moi rico gobernado por un rei e unha raíña xustos e bondadosos. El chamábase Cintolo e ela Madrepérola e tiñan un fillo chamado Azul ao que querían ver casado…

Esta actuación está incluída dentro do Programa Buxiganga Proxecto Teatral Afeccionado 2017 da Deputación Provincial de Lugo.

- Descargar cartel

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .