> Actualidade

13/09/2017 17:00

> RAPACES E RAPAZAS DE OUTEIRO DE REI ACHÉGANSE AO MUNDO LABORAL GRAZAS A VARIAS EMPRESAS DO MUNICIPIO

Durante cinco días trece mozos e mozas de Outeiro de Rei puideron aproximarse ao mundo laboral a través da realización de estadías en varias empresas do municipio, concretamente as empresas acolledoras foron as seguintes:

GARATUXA. Residencia de mascotas.

IDEA ALMACÉN DE PAPELERÍA, SL. Venda ao por maior de material escolar, artigos e máquinas de oficina e informática.

 INGAPAN S.L.U. Fabricación e venda ao por maior de empanadas e empanadillas cocidas, envasadas e etiquetadas.

LASERLUCUS, S.L.U. Taller de gravado e corte por láser.

MARCELLE NATUREZA. Parque natural de animais.

PAN E PANADERÍA DE OUSÁ, SL. Fabricación e venda de pan, empanadas e bollería.

AVIFAUNA. Parque zoolóxico.

FULGENCIO CASÁS LOMBAO. Venda ao por menor de pensos, abonos, produtos de droguería e ferretería.

Ademais destas  empresas, tamén colaboraron nesta iniciativa ofrecéndose a acoller: Área 507, Ben Alonso, S.L. e Xardinería Santa Isabel.

Todas estas empresas foron un piar fundamental desta iniciativa; o outro, evidentemente, o foron  @s 13 moz@s participantes na mesma que responderon con entusiasmo a este compromiso.

As prácticas realizadas durante cinco días en xornadas diarias de 4 h representaron un primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia que foi moi valorada por todos eles e que lles permitiu coñecer o traballo diario na empresa escollida por eles e colaborar realizando diferentes actividades.

Para completar o programa, o pasado luns realizouse unha visita á Fundación CEL onde foron recibidos por Rodolfo Ojea que tratou,  entre outros aspectos,  dos servizos que ofrece esta entidade aos emprendedores, ademais de realizar un percorrido polas instalacións e de completar esta visita cun encontro con promotores de dúas interesantes iniciativas empresariais: Lignia e estati.co.

Finalmente, os rapaces foron recibidos no Concello de Outeiro de Rei polo alcalde, José Pardo Lombao, que mantivo un intercambio de impresións e houbo unanimidade á hora de manifestar que todos eles repetirían esta experiencia.   A continuación, realizouse  o sorteo de tres tablets, sendo os premiados no mesmo:  Martín Fernández Freije, Arturo Fernández Arias e Samuel Mosquera Sixto.

A terceira edición desta iniciativa foi promovida e subvencionada polo  Concello de Outeiro de Rei.











Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .