> Actualidade

08/09/2017 13:40

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI RECIBE APROBACIÓN PARA A POSTA EN MARCHA DE VARIAS ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRINCIPALMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS

A partir do mes de outubro, o Concello de Outeiro de Rei prevé poñer en marcha varias accións formativas  que están subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Dunha banda impartirá, sempre que exista demanda suficiente, as seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua castelá, N2 , (data prevista de inicio: 2 de outubro)
  • Competencia matemática, N2 (inicio: novembro 2017)
  • Comunicación en lingua galega, N2 inicio: xaneiro 2018)

A obtención das mesmas permitirá a persoas sen titulación poder acceder a certificados de profesionalidade de nivel 2.
Por outra banda, está prevista a impartición do curso de formación ocupacional:

  • Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, de 458 h de duración, de nivel 1 (non se require titulación de acceso, inicio: xaneiro 2018 )

Estas accións formativas   están dirixidas prioritariamente a persoas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, (polo que as persoas interesadas en participar é conveniente que o manifesten á maior brevidade na Oficina de Emprego); non obstante, poderán participar tamén nos cursos ata un 25% de persoas ocupadas sendo preciso neste caso solicitalo persoalmente no Concello.
Os cursos desenvolveranse no Centro Cultural de Outeiro de Rei en horario de 16:00 a 21:00 h.

Pódese recibir máis información no servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .