> Actualidade

07/09/2017 16:54

> REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O LEADER

O GDR4, Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo, convoca unha reunión de presentación da Asociación e de información sobre as axudas Leader 2016/2020 prevista para o día 18 de setembro ás 18:00 h na Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei.

Entre os requisitos xerais dos proxectos están os seguintes: estar localizados no ámbito territorial do GDR4 (Concellos de Castroverde, Friol, Guntín, Lugo, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade); ser viables técnica, económica e financeiramente para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente, para os non produtivos e non estar iniciados na data de presentación de solicitudes de axuda.

Tanto para os proxectos produtivos como para os non produtivos o importe da axuda estará limitado a un máximo de 200.000 €.

Descargar cartel


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .