> Actualidade

04/09/2017 11:02

> PRÓXIMA APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL EMBAIXADORES DO MIÑO

O Concello de Outeiro de Rei, comprometido coa conservación e desenvolvemento sostible do seu entorno, quere poñer en marcha o programa Embaixadores do Miño, programa promovido por este concello e subvencionado recentemente pola Consellería de Política Social.
O programa de voluntariado Embaixadores do Miño, está dirixido á xuventude con idades comprendidas entre 16 e 35 anos que actuará nesta edición ao redor do sistema fluvial do río Miño onde se localiza un importante patrimonio cultural e natural, concretamente no Salto do Piago, Campo de Santa Isabel e no tramo da ruta de sendeirismo Camiño do Miño que discorre entre ambos espazos.
Este programa levarase a cabo durante dúas fins de semana distribuídas da seguinte forma:
16/09/2017 de 11:00 h a 14:00 h, xornada informativa para os voluntari@s na cal se pretende sentar os coñecementos básicos e valores que permitan desenvolver unha sociedade sostible que cree proxectos sostibles.

17/09/2017 de 11:00 h a 14:00 h, saída guiada ao campo para descubrir a riqueza natural dos citados espazos adquirindo destrezas para saber comunicar ditos contidos como embaixadores.

23/09/2017, de 10:00 h a 18:00 h, xornada orientada aos coidados do río, con labores de limpeza, colocación de caixas niño, creación de carteis informativos e divulgativos, entre outras actividades; inclúe xantar tipo picnic.

24/09/2017, de 16:00 h a 19:30 h, remate do programa cunha xornada aberta ao público en xeral, onde as persoas voluntarias actuarán como embaixadores da súa contorna dando a coñecer os valores naturais entorno ao río Miño ao seu paso polo concello de Outeiro de Rei.
Ao finalizar esta última xornada sortearase unha bicicleta entre @s participantes e durante o programa farase entrega dalgún agasallo.

As persoas interesadas poden realizar as súas inscricións no servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei do 6 ao 14 de setembro en horario de 9:00 h a 14:00 h, teléf.: 982 393 382. Ofértanse 20 prazas que serán cubertas por orde de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas en Outeiro de Rei.

- Descargar cartel


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .