> Actualidade

01/09/2017 14:20

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI PORÁ EN MARCHA O OBRADOIRO DE EMPREGO SANTA ISABEL III

A finais de setembro está previsto que empece a funcionar o Obradoiro de Emprego Santa Isabel III; esta iniciativa será financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a solicitude de subvención foi realizada conxuntamente polos Concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei sendo tramitada dende o servizo de emprego e desenvolvemento local deste último Concello, promotor do obradoiro.

En Outeiro de Rei a especialidade que se impartirá será o certificado de profesionalidade de nivel 3 Levantamentos e replanteos; a tal fin serán seleccionadas 6 alumn@s-traballadores/@as desempregados que durante nove meses terán un contrato de formación e aprendizaxe co que se pretende mellorar a cualificación profesional das persoas beneficiarias favorecendo a súa posterior inserción laboral.

A selección de alumnos/as realizarase previa oferta  á oficina de emprego Lugo Sur (no caso do Concello de Outeiro de Rei) e será realizada por un grupo de traballo mixto presidido por un representante da  Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego Industria.

Ao ser un curso de nivel 3, para  poder acceder ao mesmo  é preciso:

  • Estar en posesión do titulo de bacharelato (BAC (LOE/LOGSE;  se por exemplo se ten BUP habería que ter tamén COU) ou dun certificado de profesionalidade de igual nivel ao que se desexa acceder (nivel 3)
  • Ou ter un certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional (familia profesional: edificación e obra civil)
  • Ou ter superado as probas de acceso a un ciclo formativo de grao superior; ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 y/o de 45 anos
  • Ou ter as competencias clave superadas de nivel 3


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .