> Actualidade

21/07/2017 09:04

>  VECIÑOS DE OUTEIRO DE REI DESCOBREN O SEU MUNICIPIO

Este mércores un grupo de veciñ@s participaron na iniciativa Descubrindo Outeiro de Rei.

Tras ser recibidos no Concello de Outeiro de Rei polo alcalde, José Pardo Lombao, emprenderon ruta cara á empresa Coren Agroindustrial en Bonxe, onde fixeron un percorrido polas instalacións desta fábrica asentada en Outeiro de Rei dende o ano 2003.

Pola tarde, tras unha parada para comer, continuaron a excursión visitando o Centro Deportivo D10 podendo ver de primeira man as súas instalacións (ximnasio, saunas, salas de fitness, piscina exterior, pistas de tenis, pistas de pádel cubertas, cafetería/restaurante…).

O recorrido finalizou visitando Vida de Aldea en San Clodio, un proxecto de desenvolvemento rural que, entre outras opcións, ofrece a posibilidade de alugar parcelas con invernadoiros para que o consumidor poida producir os seus alimentos.

Esta iniciativa, organizada polo Concello de Outeiro de Rei, está incluída dentro da programación para persoas maiores 2017.

A próxima saída dentro desta programación está prevista para o día 3 de agosto a Los Oscos (Asturias) onde está programada a visita ao Ecomuseo do Pan, Museo Casa Natal do Marqués de Sargadelos e ao Mazo de Mazonovo. Aínda hai prazas dispoñibles podendo obterse información sobre esta actividade na Casa da Cultura, no tfno. 982 393 408.



















































Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .