> Actualidade

10/07/2017 13:35

> RECTIFICACIÓN RESULTADOS NO CONCURSO DE INSTAGRAM

En aplicación das bases do concurso de fotografía en Instagram convocado polo Concello de Outeiro de Rei con motivo da celebración da XI FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI , en concreto do dereito da entidade promotora de “ excluír a calquera participante que transgreda as normas de boa fe, observe unha conduta inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas bases en calquera dos seus puntos”.

Dados os comentarios vertidos nas redes e concretamente polo usuario da fotografía gañadora recoñecendo o uso fraudulento para obter o máximo de me gusta, este concello descalifica a fotografía realizada polo usuario novasolladas con 820 me gusta pasando o primeiro premio á fotografía realizada polo usuario the.third.r con 780 me gusta e o segundo premio a fotografía realizada polo usuario unmarcos con 149 me gusta.

Neste último caso, a organización do concurso resolve un imprevisto dado que polo número de votos resultarían gañadoras dúas fotografías do mesmo autor considerando que é mellor repartir os premios entre diferentes autores co ánimo de premiar a participación e estimular a participación en futuras edicións.

As persoas gañadoras teñen de prazo ata o día 26/07/2017 para poñerse en contacto co Concello e recoller o premio acadado, (982 393 382).



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .