> Actualidade

09/06/2017 08:39

> FESTIVAL FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MÚSICA

A Escola de Música dos Concellos de Outeiro – Rábade e Begonte remata o curso escolar 2016/2017 cun gran festival no espazo natural do Campo de Santa Isabel o vindero sábado día 10 de xuño ás 19:00 h.
Este festival acollerá actuacións nas que participarán dende os máis pequenos dos cursos de música en movemento ata as agrupacións da escola como a banda de música Sons e Soños, Murajazz big band e a Banda de Gaita…, todo nun marco natural de inigualable beleza.
Pode asistir toda a xente que desexe pasar unha musical tarde de sábado.
En caso de facer mal tempo os actos trasladaranse ao pavillón do colexio Laverde Ruíz de Outeiro de Rei.


















Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .