> Actualidade

06/06/2017 12:14

> PRESENTADA A XI EDICIÓN DA FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI

Hoxe, ás 11:O0 h, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello a presentación da décimo primeira edición da FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI nun acto presidido polo alcalde, José Pardo Lombao acompañado pola técnica de emprego e desenvolvemento local da entidade e no que estiveron presentes diferentes medios de comunicación.

ALGÚNS DATOS SOBRE A FEIRA:

  • TERÁ LUGAR O SÁBADO 01/07/2017, COINCIDINDO COAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA A SANTA ISABEL. OS POSTOS ESTARÁN ABERTOS DURANTE TODA A XORNADA ATA AS 21:00 h.

  • ESTÁ PREVISTA A PARTICIPACIÓN DE APROXIMADAMENTE 100 EXPOSITORES. NA ACTUALIDADE TEÑEN CONFIRMADA ASISTENCIA 65 POSTOS DE ARTESANÍA E 12 DE ALIMENTACIÓN.

NA SECCIÓN DE ARTESANÍA PORANSE Á VENDA PRODUTOS DE CERÁMICA, CESTERÍA, ARTESANÍA DA MADEIRA,GANCHO E CALCETA, XOIARÍA, COIRO, INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL, TRAXES REXIONAIS, FERRO, ARTESANÍA TÉXTIL, XABÓNS NATURAIS, BIXUTERÍA, ESMALTES, CANTARÍA, MACRAMÉ, BOLILLOS, MANUALIDADES, ANTIGÜIDADES, ETC. PARALELAMENTE, NA SECCIÓN DE ALIMENTACIÓN OFERTARANSE MEL, PRODUTOS DE PANADERÍA, CERVEXA ARTESÁ, EMBUTIDOS, ACEITE, QUEIXOS, DOCES, CEREIXAS, VIÑOS E LICORES,…

  • O PROGRAMA DA FEIRA INICIASE COA III CARREIRA SOLIDARIA DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN SOMOS UNIDOS POR EL CÁNCER, ASOCIACIÓN PRESIDIDA POR JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ, E NA QUE COLABORA O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI. ESTÁ PREVISTA A SAÍDA DA PRAZA DO CONCELLO ÁS 10:30 h DOS CORREDORES ADULTOS QUE FINALIZARÁN O PERCORRIDO NO CAMPO DE SANTA ISABEL; O TRAZADO DA CARREIRA TERÁ UN PERCORRIDO DE PRETO DE 6 KM. TAMÉN, NO CAMPO DE SANTA ISABEL, DESENVOLVERANSE DÚAS COMPETICIÓNS INFANTÍS POLA MESMA CAUSA.

AS PERSOAS INTERESADAS EN PARTICIPAR PODERÁN REALIZAR AS SÚAS INSCRICIÓNS PROXIMAMENTE NA WEB DE CHAMPION CHIP NORTE.

  • AO LONGO DA XORNADA HABERÁ DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DE OFICIOS TRADICIONAIS: AS OLARÍAS DE TRADICIÓN DE GALICIA SOBER, NIÑODAGUIA E BONXE ESTARÁN PRESENTES NESTA ONCEAVA EDICIÓN DA FEIRA ADEMAIS DO LUTHIER XANECO E DE VARIOS ARTESÁNS MÁIS REPRESENTANDO DIFERENTES OFICIOS (CESTERÍA, CANTERÍA, TALLADO EN MADEIRA, VIDRO…). TAMÉN HABERÁ UNHA REPRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN BOLBORETAS FIANDEIRAS QUE REALIZARÁN FIADO DE LA E MEMBROS DA ASOCIACIÓN CORAZÓNS ARTESÁNS CON EXHIBICIÓN DE MACRAMÉ, BOLILLOS…MOITOS POSTOS DA FEIRA CONTRIBUIRÁN TAMÉN Á VISTOSIDADE DA MESMA FACENDO DEMOSTRACIÓN DALGÚN DOS TRABALLOS QUE REALIZAN A COTIO NA ELABORACIÓN DAS PEZAS QUE DESPOIS VENDEN NESTES MERCADOS.

  • PARALELAMENTE, A PARTIR DAS 12:00 h, ESTÁN PREVISTOS VARIOS OBRADOIROS DIRIXIDOS A NEN@S E RAPACES/ZAS PERO SEN ESQUECER ÁS PERSOAS MAIORES:

  • UN DE BARRO, QUE SE SITUARÁ NAS INMEDIACIÓNS DOS OLEIROS

  • NA RÚA MANUEL MARÍA HABERÁ UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE E NO CAMPO DE SANTA ISABEL SERÁ O ESPAZO QUE ACOLLA OS SEGUINTES OBRADOIROS:

  • DE ATRAPASONOS (realizados con elementos naturais e materias de refugallo).

  • DECORAMOS O NOSO PISAPAPEIS (usando diferentes técnicas se plasmarán símbolos celtas).

  • XIMKANA DE XOGOS COOPERATIVOS.

  • E OBRADOIRO DE XOGO TRADICIONAL (socatira, pita cega, carreira popular de sacos, a mazá, mazurcas…).

ESTAS ACTIVIDADES ESTÁN NA SÚA MAIOR PARTE DIRIXIDAS A UN PÚBLICO INFANTIL CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 5 E OS 12 ANOS E NELAS NOS XOGOS DE COMPETICIÓN REPARTIRANSE VARIOS PREMIOS ENTRE OS/AS PARTICIPANTES (MOCHILAS, CAMISETAS…)

  • TAMÉN NO CAMPO DE SANTA ISABEL, HABERÁ POSIBILIDADE DE REALIZAR TREPA E GOZAR CUNHA TIROLESA.

  • POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO VISITARÁ A FEIRA A UNIDADE MÓBIL RURAL DISCOVERY DA INICIATIVA PRESUME DE PUEBLO, UNIDADE EQUIPADA COAS ÚLTIMAS TECNOLOXÍAS; ENTRE OUTRAS OPCIÓNS, OFRECERÁN A POSIBILIDADE ÁS PERSOAS QUE SE ACHEGUEN DE PARTICIPAR NUN FHOTOCALL NO QUE PRESUMIR DE MUNICIPIO.

  • PARA ESE DÍA ESTÁN PREVISTAS TAMÉN VARIAS ACTUACIÓNS. ASÍ ÁS 13:00 h ACTUARÁ DIANTE DA CASA CONSISTORIAL A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA SONS E SOÑOS DOS CONCELLOS DE BEGONTE, OUTEIRO DE REI E RÁBADE; ÁS 13:45 h SERÁ A QUENDA PARA A ACTUACIÓN DO GRUPO DE GAITAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL PENAS DE RODAS QUE REALIZARÁ TAMÉN UN PASACALLE ÁS 12:00 h DURANTE A INAUGURACIÓN DA FEIRA E QUE A PARTIRES DAS 18:00 h ANIMARÁ COA SÚA MÚSICA AS RÚAS DO CENTRO, A RÚA MANUEL MARÍA E O CAMPO DE SANTA ISABEL.

  • A PARTIR DAS 13:00 h NO CAMPO DE SANTA ISABEL, NAS INMEDIACIÓNS DO CIRCUÍTO DEPORTIVO, HABERÁ A TRADICIONAL DEMOSTRACIÓN DE TRABALLOS FORESTAIS CON MOTOSERRA A CARGO DA EMPRESA ENTREFOR SC QUE SEGURO SORPRENDERÁ AO PÚBLICO COA REALIZACIÓN DE DIFERENTES PEZAS UTILIZANDO ESTA FERRAMENTA, FIGURAS QUE SERÁN REPARTIDAS ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE. TAMÉN REALIZARÁ CHARLAS EXPLICATIVAS SOBRE A SEGURIDADE NOS TRABALLOS FORESTAIS.

  • NESTA MESMA ZONA, ESTÁ PREVISTA A PRESENCIA DO ESCULTOR MARCOS MARIÑO QUE COA SÚA MOTOSERRA TRABALLARÁ SOBRE DIFERENTES ANACOS DE MADEIRA QUE SE COVERTERÁN GRAZAS A SÚA MESTRÍA EN INCRIBLES ESCULTURAS CHEAS DE VIDA.

  • IGUALMENTE, A PARTIR DAS 13:00 h, NO CAMPO DE SANTA ISABEL TERÁ LUGAR UNHA CONCENTRACIÓN DE COCHES A CARGO DO CLUB 600 DE LUGO.

  • COMO NAS PASADAS EDICIÓNS, HABERÁ A POSIBILIDADE DE XANTAR A PARTIR DAS 13:30 h NA FERMOSA CARBALLEIRA DO CAMPO DE SANTA ISABEL BEN BAIXO CARPA, ONDE A COMIDA SERÁ SERVIDA POLO RESTAURANTE ALBERTO OU NO PROPIO CAMPO NAS TRADICIONAIS MERENDAS.

  • ÁS 17:30 h SAIRÁ UN BUS TURÍSTICO DAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL QUE VISITARÁ O CAMPO DA FEIRA E AS PENAS DE RODAS EN GAIOSO, A IGREXA DE ROBRA E O SALTO DO PIAGO. O PERCORRIDO FINALIZARÁ COA VISITA Á CASA-MUSEO MANUEL-MARÍA.

AS PRAZAS SON LIMITADAS POLO QUE PARA PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE GRATUÍTA É NECESARIO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE NA MESMA O DÍA DA FEIRA NA CASETA DO CONCELLO INSTALADA NAS INMEDIACIÓNS DA CASA CONSISTORIAL.

  • ÁS 17.45 h NA PRAZA DO CONCELLO HABERÁ UN ESPECTÁCULO DE MONICREQUES A CARGO DE MIRCROMINA QUE REPRESENTARÁ A OBRA VACACIÓNS NO MAR, ESPECTÁCULO PARA GOZAR EN FAMILIA. ESTA OBRA, CHEA DE ACCIÓN, EMOCIÓN E INTERACCIÓN CO PÚBLICO, TEN UNHA DURACIÓN APROXIMADA DE 45 MINUTOS.

  • ÁS 18:30 h, NAS INMEDIACIÓNS DA CAPELA DE SANTA HABERÁ UNHA EXHIBICIÓN CANINA A CARGO DO GRUPO DE TRABALLO CANINO EUSKOGAL, ACTUACIÓN DE APROXIMADAMENTE 1 h 30 min DE DURACIÓN CUN ESPECTÁCULO QUE INCLUIRÁ UNHA EXHIBICIÓN DE AGILITY, DE CANS DETECTORES DE SUSTANCIAS, ALGÚNS UNIDADE CANINA DE RESCATE DE PADRÓN…, ENTRE AS RAZAS QUE ACUDIRÁN A ESTA EXHIBICIÓN ESTÁN PASTOR ALEMÁN, BORDER COLLIE, LABRADOR, PASTORES BELGAS MANINOLIS, GOLDEN RETRIEVER…

  • AO IGUAL QUE NAS PASADAS EDICIÓNS REALIZARASE UN SORTEO DE 10 PREMIOS DE 50 € CADA UN DELES.

CADA ESTABLECEMENTO ADMITIDO POLA ORGANIZACIÓN DA FEIRA TERÁ 40 RIFAS QUE REPARTIRÁ ENTRE OS SEUS CLIENTES.

ESTE SORTEO É UNHA INICIATIVA MÁIS, DENTRO DO AMPLO PROGRAMA DE EVENTOS QUE CONTEMPLA A CELEBRACIÓN DESTA FEIRA, COA QUE SE PRETENDE ANIMAR Á XENTE A QUE VEÑA A COÑECER ESTE EVENTO PREMIANDO A REALIZACIÓN DE COMPRAS EN CALQUERA POSTO.

O SORTEO TERÁ LUGAR ÁS 21:30 h NA CASETA DO CONCELLO SITUADA NAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL.

ADEMAIS, ESTE ANO O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZA DOUS CONCURSOS MÁIS:

  • CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE

  • CONCURSO DE FOTOGRAFÍA EN INSTAGRAM

AS PERSOAS INTERESADAS EN AMPLIAR INFORMACIÓN PODEN ACCEDER AS BASES DE AMBAS CONVOCATORIAS DISPOÑIBLES NA WEB MUNICIPAL E TAMÉN NAS REDES SOCIAIS FB, TWITTER E INSTAGRAM.

  • NA CASETA DO CONCELLO, HABERÁ A DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA, ATA ESGOTAR EXISTENCIAS, DUN CHAVEIRO.

  • CON ESTA FEIRA DE ARTESANÍA PRETENDESE IMPULSAR E DAR A COÑECER O TRABALLO DO SECTOR ARTESANAL PERMITINDO PARALELAMENTE PROMOCIONAR A ARTESANÍA LOCAL E A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E TURÍSTICA DO MUNICIPIO.

DENDE ESTAS LIÑAS, O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ANIMA AO PÚBLICO EN XERAL A VIR A UNHA FEIRA ONDE PODERÁN ATOPAR GRAN VARIEDADE DE PRODUTOS, PRODUTOS EXCLUSIVOS E QUE NON SE PODEN MERCAR NORMALMENTE NOS COMERCIOS HABITUAIS ADEMAIS DE PODER GOZAR DUN DÍA ESPECIAL NUNHA FEIRA CHEA DE POSIBILIDADES, ACOLLEDORA E REPLETA DE SENSACIÓNS…

E TEDE EN CONTA QUE ESTE ANO… ARDE OCTODORUM!

  • O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI DIFUNDIRA ESTE EVENTO A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS TWITTER E FACEBOOK(@outeirorei) E POR PRIMEIRA VEZ EN INSTAGRAM (#feiraouteiro2017) .


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .