> Actualidade

23/05/2017 12:59

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI PREPARA UNHA NOVA EDICIÓN DA FESTA DOS NENOS

O Concello de Outeiro de Rei, organiza para o venres día 2 de xuño a décimo novena Festa dos Nenos, na que pequenos e rapaces en horario de 16:30 h as 19:00 h poderán gozar de balde de diferentes inchables, kars, tobogáns... Como é tradicional, o remate final será a festa da escuma para a que se recomenda ir preparados para a molladura.

Se o tempo acompaña, a festa se desenvolverá na Praza da Vila; en caso de choiva trasladarase aos pavillóns municipais e ao pavillón do colexio Laverde Ruíz.

- Descargar cartel






Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .