> Actualidade

28/04/2017 11:56

> MULTIAVENTURA EN VIVEIRO

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de solicitude do MULTIAVENTURA EN VIVEIRO, iniciativa dirixida a rapaces e rapazas de 1º a 4º da ESO que se realizará do 26 ao 28 de xuño.

Ofértanse un total de 20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición (terán preferencia os rapaces empadroados no concello con respecto aos de fóra).

O prazo para anotarse permanecerá aberto do 2 ao 31 de maio ou ata cubrir as prazas.


O custo é de 70 € que inclúe a hospedaxe, comida e as actividades programadas (visita ao parque acuático de Cerceda, piragüismo, paint ball…) que deberá aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 39 34 08.

- Descargar documentación

- Descartar cartel



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .