> Actualidade

28/04/2017 10:42

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN

O Concello de Outeiro de Rei organiza os CAMPAMENTOS URBANOS que se realizaran do 3 ao 7 de xullo para nen@s de 4 a 7 anos e do 10 ao 14 de xullo para nen@s de 8 a 12 anos.

As prazas que se ofertan (25 por campamento), cubriranse por orde de inscrición (terán preferencia @s nen@s empadroados no concello e os alumnos do CEIP Laverde Ruiz con respecto aos nen@s de fóra).


O prazo para anotarse permanecerá aberto dende o día 2 ao 31 de maio ou ata cubrir prazas. A cota a pagar para participar nesta iniciativa é de 40 € sen comida ou de 45€ con comida, que deberan aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.


Entre as actividades a realizar nestes campamentos destacan: piragüismo, obradoiros, día de praia, xogos variados, visita ao parque acuático de Cerceda…


Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura en horario de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 408. 

- Descargar documentación

- Descartar cartel




« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .