> Actualidade

28/04/2017 10:22

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA  FEIRA DE ARTESANÍA

O Concello de Outeiro de Rei organiza a onceava edición da feira de artesanía que  terá lugar o sábado día 1 de xullo.

Ao igual que nas edicións anteriores , na feira haberá dúas seccións: unha de artesanía e outra dedicada aos produtos de alimentación de calidade.

As persoas que desexen participar como expositores poden solicitalo no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local a partir do día 2 de maio ou nos teléfonos 982 393 382/ 982 393 281, en horario de 9:00 h  a 14:00 h.

O  Concello de Outeiro de Rei ofrece aos expositores  admitidos que non veñan co seu propio posto un espazo cuberto para expoñer (en jaimas ou similar e sen custo).

Á hora de obter posto valorase a dedicación profesional á actividade artesanal ou alimentaria. Neste sentido, terán prioridade as persoas dadas de alta na S. Social (autónomos) e con carta de artesanía en vigor, non sendo de aplicación estes requisitos para as persoas que desexen participar e que estean empadroadas en Outeiro de Rei.
Igualmente, pretendese que na feira exista o maior número de oficios artesanais representados e valorase a calidade dos produtos, a presentación dos postos e a colaboración co Concello na realización de demostracións e talleres.

« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .